A IA. Análise de debilidades, ameazas. fortalezas e oportunidaes
- Duración:
- 50 minutos
- Agrupamento:
- Grupos cooperativos (4)
Presentación
Compañeiros da fundación Intelligere, o futuro da intelixencia artificial escríbese en diálogos. Cada conversa cunha IA é un ponte entre o humano e o tecnolóxico, e o voso equipo ten nas súas mans a responsabilidade de avaliar o seu potencial. ¿Podedes identificar as fendas ocultas nestes sistemas ou ver oportunidades que ninguén máis viu? Hoxe tamén sodes arquitectos dun cambio que redefine como nos relacionamos coa tecnoloxía.
Para probar as vosas habilidades, realizaredes unha análise de debilidades, ameazas, fortalezas e oportunidades, un tipo de análise que coñecemos como DAFO.
O voso DAFO non só buscará respostas, senón que achegará as preguntas correctas.
1. Organización dos alumnos na estrutura de traballo
- Formación de grupos base: Organízanse grupos heteroxéneos de 4 estudantes. Cada grupo base é responsable de elaborar unha análise DAFO.
- Creación de grupos de expertos: Reorganízanse os alumnos de maneira que todos os que analizarán a mesma categoría (Debilidades, Ameazas, Fortalezas, Oportunidades) formen un grupo temporal de expertos.
- Investigación e discusión en grupos de expertos: Cada grupo de expertos analiza a súa sección mediante lecturas, reflexións e exemplos, anotando ideas clave.
- Retorno aos grupos base: Os estudantes volven aos seus grupos base e explican aos seus compañeiros o aprendido sobre a súa sección.
- Elaboración do DAFO grupal: Os grupos base integran a información achegada por cada experto e completan un cadro DAFO.
2. Tempo adecuado para a tarefa
- Fase 1 (Grupos de expertos - Investigación e discusión): 15 minutos.
- Fase 2 (Retorno aos grupos base - Explicación): 15 minutos.
- Fase 3 (Elaboración do DAFO grupal): 15 minutos.
- Fase 4 (Posta en común e reflexión): 5 minutos.
Recordade:
- Nos grupos de expertos, debedes centrarvos na súa categoría do DAFO e buscar exemplos significativos.
- Nos grupos base, cada estudante debe explicar a súa sección de maneira clara e escoitar aos seus compañeiros.
- Usade un linguaxe preciso e fundamentade as vosas afirmacións con exemplos.
- Respetade os turnos de palabra e contribuíd de forma equitativa.
Material complementario:
- Documento con instrucións e explicación da estrutura DAFO.