Hora a hora coa IA
- Duración:
- 40
- Agrupamento:
- Grupos cooperativos (3-4 persoas)
Os responsables da fundación Intelligere necesitan amosar a un grupo de visitantes dun instituto como a intelixencia artificial forma parte da nosa vida diaria. O voso reto é describir como a IA intervén na vida cotiá e explicar como as súas innovacións están integradas nas nosas rutinas. A través dun traballo en equipo, elaboraredes un texto que non só reflicta o voso coñecemento e talento, senón que tamén esperte a curiosidade dos visitantes.
Obxectivo
Redactar unha descrición en formato de horario sobre a presenza da IA na vida diaria.
Instrucións
Cada grupo debe engadir un exemplo de presenza da IA no desenvolvemento habitual dunha das franxas horarias indicadas.
As franxas horarias son:
- Primeira hora da mañá (7:00 - 9:00)
- Mañá (10:00 - 12:00)
- Mediodía (13:00 - 15:00)
- Primeiras horas da tarde (16:00 - 18:00)
- Últimas horas da tarde (19:00 - 21:00)
- Primeiras horas da noite (22:00 - 24:00)
- Noite (00:00 - 7:00)
Dinámica
A actividade está deseñada para un grupo de 28 alumnos divididos en 7 grupos.
- Explicación (5 minutos): Cada grupo recibe unha folla en branco ou un documento dixital titulado “A IA hora a hora”.
- Roldas de escritura (30 minutos): Por quendas, cada grupo engade información sobre a presenza da IA na franxa horaria asignada. Cada rolda dura 4 minutos, deixando un marxe final para correccións.
- Revisión e síntese (5 minutos): Cada grupo recibe de novo o documento co que comezou e revisa o contido para corrixir erros, unificar o estilo e garantir a coherencia.
- Presentación grupal (10 minutos): O portavoz de cada grupo expón as achegas realizadas e, a continuación, debátese en conxunto sobre os documentos elaborados.
Exemplo para a franxa de primeiras horas da tarde (16:00 - 18:00)
- 16:15 - Aplicacións de tradución automática: Durante o visionado dunha serie en inglés, emprego tradutores en liña como Google Translate para comprobar o significado de palabras ou frases en tempo real.
- 16:45 - Recomendacións personalizadas en plataformas educativas: Na aplicación Duolingo que estás a empregar no móbil, a actividade é monitorizada por IA para adaptar as actividades e exercicios ás túas necesidades.
- 17:30 - Búsquedas con asistentes virtuais: Para escoller musica de fondo para realizar tarefas emprego recomendacións xeradas por unha IA para atopar rápidamente o tipo de música que desexo.
Orientacións e adaptacións
- Axustar as franxas horarias: As franxas propostas poden modificarse en función do tamaño e organización da aula.
- Facilitar a formación de grupos: Recoméndase que os grupos sexan diversos e equilibrados.
- Ofrecer exemplos: Propor exemplos de aplicacións de IA para inspirar ao alumnado.
- Monitorizar o progreso: Circular pola aula durante as roldas de escritura para observar a dinámica de grupo e ofrecer apoio cando sexa necesario.
- Promover a reflexión: Finalizar a actividade cunha discusión sobre o aprendido e a relevancia da IA na vida diaria.
- Avaliar de forma xusta: Utilizar rúbricas e listas de verificación para proporcionar retroalimentación construtiva.