A IA a través do relato
Os responsables da fundación Intelligere buscan novos especialistas na relación entre a intelixencia artificial e a cultura.
Como futuros especialistas da fundación, tedes a oportunidade de investigar como a IA forma parte da nosa cultura actual e formou parte da nosa tradición cultural dende hai tempo. Imaxinade poder explicar a alguén como a IA está presente nas vosas series favoritas ou nos libros que lestes. Esta tarefa non só vos permitirá demostrar o que sabedes, senón tamén descubrir novas conexións entre a tecnoloxía e a creatividade humana.
Preparádevos para sorprender e ser sorprendidos!
Para demostrar os vosos coñecementos, deberedes identificar obras culturais (series, películas, novelas, contos ou mesmo cadros) onde a intelixencia artificial xogue un papel.