Un recordo galego
Un dos ditados a dúas voces que acabamos de facer é a melodía principal dunha das obras dun compositor galego do s. XIX.
O ditado 3 a dúas voces é o tema principal da peza Un recuerdo (Romanza sen palabras), unha obra para piano do compositor galego Marcial del Adalid.
Marcial del Adalid naceu na cidade de A Coruña a comezos do s. XIX, e dende moi novo tipo oportunidades para estudar non só na súa cidade senón tamén por Europa. Foi a estudar a París onde estivo en contacto con Franz Liszt e despois a Londres. De volta en España estivo uns anos en Madrid e finalmente regresou ao seu Pazo de Lóngora, en Oleiros, en Galicia. Era un home moi cultivado e nas súas composicións sempre hai referencias a escritores románticos como Espronceda ou Lord Byron. Xunto coa súa muller, a escritora Fanny Garrido, organizaban seráns no seu Pazo rodeándose de intelectuais e artistas, onde o compositor interpretaba as súas obras.
As súas composicións son principalmente para piano e mostra influencia de Frédéric Chopin; ao mesmo tempo amosa unha preocupación pola música galega, como en Cantares Vellos e Novos de Galicia.
Reuniu folclore galego para o Cancioneiro de Inzenga e nalgunhas das súas obras pianísticas usa algúns destes temas.
A súa obra é coñecida grazas a dozón da sua filla María del Adalid á Real Academia Galega.
A obra Un recuerdo é unha obra para piano adicada a doña Sofía Vela, compositora e cantante madrileña. Na obra o compositor inclúe un fragmento de Espronceda:
Mas, ay! que el bien trocose en amargura y deshojada por los aires sube la dulce flor de la esperanza mía.
Espronceda