Que son?
Como xa vimos no curso pasado, as cadencias son os recursos que ten a linguaxe musical para articular as frases musicais, facilitando a comprensión dunha obra; é igual que na linguaxe escrita, na que temos signos de puntuación, como os puntos, as comas, etc., que nos indican se un texto vai continuar ou xa remata.
As cadencias sempre se identifican pola relación dos graos de dous acordes, que marcan o final da frase, período ou sección.
Hai diferentes tipos, que organizamos en dous bloques, segundo sexan conclusivas ou suspensivas.
Cadencias Conclusivas
Cadencia Auténtica: V-I
Dependendo do tipo de acorde:
Cadencia Auténtica Perfecta: os dous acordes están en estado fundamental
Cadencia Auténtica Imperfecta: un dos acordes está invertido.
Cadencia Picarda: cambia de modo menor a modo maior no I grao.
Cadencia Plagal: IV-I
Cadencias Suspensivas
Semicadencia II/IV-V
Pode levar outro grao, pero ten que rematar no V.
Cadencia Rota V-VI
Neste cadro tendes un resumo de todas as cadencias:
