UD 7: A forma musical
Rúbrica onde se inclúen as 4 destrezas da unidade sobre a forma musical para 1ª G.P.
| 5 | 3 | 1 | |
|---|---|---|---|
| Saber identificar a estrutura dunha obra marcando os seus elementos | Identifica sen problema a estrutura dunha obra, así como os seus elementos. (1) | Só consegue recoñecer a estrutura coas frases pero non os demais elementos (0.5) | Non consegue identificar nin a forma nin os seus elementos (0.25) |
| Saber identificar as cadencias, tanto escritas como auditivamente | Identifica todas as cadencias, tamén a través da audición. (1) | Consegue identificar as cadencias pero non auditivamente. (0.5) | Non sabe identificar ningunha cadencia.. (0.25) |
| Recoñecer os distintos tipos de comezo e final | Recoñece todos os tipos de comezo e final, incluso auditivamente. (0.5) | Ten claros os comezos pero non os finais, e amosa algunha dificultade para recoñecelos auditivamente (0.25) | Non sabe identificar os tipos de comezo e final (0) |
| Ler con soltura e mantendo o pulso fragmentos nos compases traballados. | Le con soltura nas claves de Sol e Fa en 4ª, mantendo o pulso, nos compases traballados e executa con corrección as fórmulas rítmicas. (2) | Le con soltura en clave de Sol pero ten dificultades na clave de Fa en 4ª; algunhas das fórmulas rítmicas non as executa correctamente. (1.25) | Ten moitas dificultades de lectura nas claves de Sol e Fa en 4ª; non consegue manter o pulso e os compases e as fórmulas rítmicas traballadas non as consegue facer correctamente. (0.75) |
| Ler fragmentos sinxelos en Do en 1ª | Le fragmentos en Do en 1ª con soltura e precisión, mantendo un pulso constante. (1.5) | Consegue ler notas soltas en Do en 1ª pero á hora dun fragmento non mantén o pulso. (0.75) | Non consegue ler un fragmento na clave de Do en 1ª, nin notas soltas. (0.25) |
| Entoar con exactitude rítmica e afinación melodías con ou sen acompañamento. | Entoa con exactitude rítmica e con boa afinación melodías con ou sen acompañamento. (2) | Consegue entoar a melodía, mellor con acompañamento, pero con pouca exactitude na afinación. (1) | Non consegue entoar melodías con ou sen acompañamento. (0.25) |
| Saber representar graficamente unha melodía escoitada. | Sabe reproducir por escrito unha melodía escoitada despois do proceso repeticións establecidos, tanto a 1 como a 2 voces. (2) | Identifica o compás e deseños rítmicos pero ten dificultade para representar as alturas, sobre todo na voz grave. (1.25) | Non sabe reproducir por escrito unha melodía escoitada, nin o ritmo nin as notas; ningunha das dúas voces. (0.5) |
- Actividade
- Nome
- Data
- Puntuación
- Notas
- Reiniciar
- Imprimir
- Aplicar
- Nova xanela