Saltar navegación

A forma musical

Argen benvidaChegados a este momento, podedes darvos conta de todo o que levamos traballado: intervalos, acordes, tonalidades, escalas... Xa pouco queda para rematar. Imos centrarnos agora en como se constitúen as obras musicais, dende os elementos da forma ata os recursos que se empregan para definila, como as cadencias. Lémbradevos delas?  

 

Na parte de ritmo, traballaremos os compases mixtos, compases descoñecidos para nós, pero que podedes identificar nesta obra: América de West Side Story. Coñeciádela?

 

E como non, teremos unhas bonitas melodías para interpretar todas/os xuntas/os e tamén para recoñecer auditivamente; seguro que algunha delas sóavos! 

Comezamos!

Feito con eXeLearning (Nova xanela)