A.B.C. Marco general del proyecto

El proyecto de investigación: un documento fundamental

Ocultar

Redactar un buen proyecto antes de iniciar una investigación en ciencias es fundamental para garantizar el éxito del trabajo.

El proyecto sirve como guía para organizar las ideas, definir objetivos claros y establecer los pasos a seguir. Además, ayuda a prever posibles problemas y buscar soluciones antes de comenzar, ahorrando tiempo y recursos. En el proyecto también se identifican las herramientas y materiales necesarios, lo que facilita la planificación. Por último, un proyecto bien redactado permite comunicar mejor el propósito y la relevancia de la investigación, tanto al profesorado como a posibles colaboradores. ¡Es el primer paso hacia una ciencia bien hecha!

¿Dónde lo redactaremos?

Para redactar el proyecto de investigación, tenéis un formulario disponible en las actividades de esta unidad. 

Proxecto
Luis Fernández López

¿Quién redacta el proyecto?

El grupo de investigación al completo. NO sirve dividir el trabajo entre los miembros del grupo. El proyecto debe ser elaborado de manera conjunta por todo el grupo.


¿Cómo se corrige y mejora el proyecto?

El profesor o profesora indicará cómo enviar los distintos borradores del proyecto (aula virtual, correo electrónico, etc.).


¿Quién lo aprueba para iniciar la investigación?

Tu profesor o profesora. Mejorará vuestro proyecto hasta validar una versión final.


Ahora, con mucha calma, vamos a analizar cada apartado por separado.

Datos básicos del proyecto

Ocultar

Datos básicos
Luis Fernández López

Tenéis el recuadro para completar con todos los datos solicitados.

Usad los nombres y apellidos completos, tal y como aparecen en vuestro documento de identidad. La forma correcta de ordenarlos es por orden alfabético del primer apellido, indicando primero los apellidos y luego el nombre.

Un ejemplo

Bello Pérez, Alfonso; Núñez Marcos, Paula; Rodríguez Fernández, Marcos.

La fecha será la del primer envío al o la docente.

El resumen

Ocultar

Resumo
Luis Fernández López

En el resumen del proyecto debe figurar, en primer lugar, la pregunta de investigación y una breve explicación del tema del trabajo, que refleje claramente su propósito. También es importante incluir una breve descripción de los objetivos principales, explicando qué se quiere investigar o resolver. Se debe indicar la metodología prevista, resumiendo cómo se llevará a cabo el trabajo. Además, es útil mencionar los recursos necesarios y la relevancia del proyecto, destacando su importancia o aplicación. Por último, el resumen debe ser claro, conciso y comprensible.

La idea es que la persona que lea el resumen tenga una idea general de lo que pretendéis.

Extensión aproximada: entre 700 y 1000 caracteres, contando los espacios.

Recordad escribir en el recuadro azul. El verde es para que el profesor o la profesora realice comentarios de evaluación y mejora de las versiones, hasta llegar a la versión final.

Un ejemplo:

Este proyecto tiene como objetivo investigar los factores que afectan el comportamiento y los hábitos alimenticios de los caracoles comunes (Helix aspersa). Analizaremos cómo varían sus preferencias alimenticias en función de diferentes condiciones ambientales, como la humedad, la temperatura y la luz. La metodología incluye la creación de hábitats controlados donde se observarán los caracoles durante dos semanas, registrando datos sobre su actividad y consumo de distintos alimentos. El estudio busca comprender mejor el papel de los caracoles en los ecosistemas y promover buenas prácticas para su cuidado en entornos naturales o controlados.

Materiais e métodos

Ocultar

materiais e métodos
Luis Fernández López



Este apartado é moi importante porque aquí estades especificando que ides facer, paso a paso. Hai un criterio sinxelo para saber se esta parte está ben elaborada: coa información que proporcionades, calquera persoa que o lea debería poder reproducir o experimento nas mesmas ou similares condicións.
 

Materiais e Métodos no voso proxecto é onde se detalla como se levará a cabo o traballo experimental e que ferramentas se empregarán. O apartado ten dous obxectivos principais: explicar o proceso de investigación de forma clara e, como xa avanzamos,  permitir que outras persoas poidan repetir o experimento para comprobar os resultados.

  • Materiais: aquí listamos todo o que precisamos para realizar o proxecto, como instrumentos, reactivos, equipos, ou mesmo aplicacións tecnolóxicas. Por exemplo, se investigades a erosión, poderiades necesitar: terra, auga, recipientes, cronómetro e unha regra. Tamén podemos indicar espazos que imos precisar, por exemplo, o laboratorio do instituto ou o xardín. 
  • Métodos: descríbese, paso a paso, como se realizará o experimento ou estudo, asegurando que sexa claro e preciso. Indícase como se usarán os materiais, como se medirán as variables e cal será o deseño experimental. Por exemplo: "Engadir un litro de auga á terra inclinada e medir o tempo que tarda en erosionarse."

Este apartado debe ser detallado, pero sinxelo de entender, garantindo que alguén máis poida seguir o mesmo proceso con éxito.

Un bo exemplo

Pregunta de investigación: cal é o efecto da luz na taxa de fotosíntese de plantas acuáticas cultivadas lo laboratorio do centro?.

Materiais:
- Plantas acuáticas (como Elodea).
- Frascos transparentes con auga.
- Bicarbonato de sodio (fonte de CO₂).
- Lámpadas con distintas intensidades de luz.
- Luxómetro (para medir a intensidade luminosa).
- Cronómetro.
- Conta-burbullas (ou outro método para medir a produción de osíxeno).

Método:
- Encher tres frascos transparentes con auga e engadir unha culler pequena de bicarbonato de sodio a cada un.
- Colocar un anaco igual de planta acuática dentro de cada frasco.
- Situar os frascos baixo lámpadas con diferentes intensidades de luz (por exemplo, 100 lux, 500 lux, e 1000 lux).
- Deixar que as plantas se aclimaten durante 5 minutos.
- Durante 10 minutos, contar o número de burbullas que a planta produce en cada frasco (indicando o osíxeno liberado durante a fotosíntese).
- Repetir o experimento dúas veces máis para garantir a fiabilidade dos resultados.

Un mal exemplo

Materiais:
- Algunhas plantas acuáticas.
- Uns frascos.
- Algo para engadir CO₂.
- Unhas lámpadas.
- Un cronómetro.

Método :
- Poñer plantas en frascos con auga.
- Colocalos baixo lámpadas con diferentes luces.
- Contar as burbullas que saen durante un anaco.
- Comparar os resultados para ver que pasa.

Está ben claro que, no segundo caso, non temos información para reproducir o experimento porque nin sabemos que planta utilizar, ni cuanto tempo contar burbullas, nin que fonte de luz usar. É unha descrición vaga, moi pouco precisa. 

 Lembrade escribir no cadro azul. O verde é para que o profesor ou a profesora faga os comentarios de avaliación e mellora das versións, ate chegar a versión final. 
 

Resultados e conclusións

Ocultar

resultados
Luis Fernández López

Obviamente, agora non é o momento de describir os resultados e as conclusións. Estamos redactando o proxecto, que define o que imos facer. Máis adiante, cando rematemos, chegará ese momento tan importante nunha investigación: recoller os resultados, resumilos e, a partir deles, chegar ás conclusións.

Por agora, só toca indicar como pensades que ides recoller e traballar cos datos. Quizais, posteriormente, teñades que modificar o plan inicialmente previsto.

Un exemplo

Para un experimento de química sobre o efecto da temperatura na velocidade de disolución do azucre en auga, rexistraremos o tempo necesario para que unha cantidade fixa de azucre se disolva completamente en tres temperaturas diferentes: 20°C, 40°C e 60°C. Os datos serán anotados nunha táboa onde se inclúan as columnas de temperatura e tempo de disolución. Posteriormente, empregaremos un gráfico de liñas para representar a relación entre a temperatura (no eixo X) e o tempo de disolución (no eixo Y). Analizando o gráfico, identificaremos se existe unha tendencia clara, como unha diminución do tempo de disolución a medida que aumenta a temperatura. Estas observacións permitirannos chegar a conclusións sobre como a temperatura afecta a velocidade de disolución, comprobando se coinciden coa nosa hipótese inicial.

Lembrade escribir no cadro azul. O verde é para que o profesor ou a profesora faga os comentarios de avaliación e mellora das versións, ate chegar a versión final. 
 

Necesidades e orzamentos

Ocultar

orzamento
Luis Fernández López

Aínda que en Materiais e Métodos xa indicastes o que ides precisar, neste apartado volvédelo a indicar de forma moi resumida, centrando a atención especialmente nos custos dos materiais. Isto é importante para que o profesor ou profesora poida coñecer o orzamento necesario e avaliar a viabilidade do proxecto.

É probable que o profesor ou a profesora indique un orzamento máximo. 

Un exemplo 

orzamento

Comentarios: 

  • Os vasos de precipitado poden substituírse por recipientes domésticos para reducir custos.
  • O fogón eléctrico pode ser prestado para minimizar gastos. 
  • Quizás moito do material xa exista no laboratorio do instituto. 
  • O orzamento total cumpre co límite establecido de 40 Euros.

Lembrade escribir no cadro azul. O verde é para que o profesor ou a profesora faga os comentarios de avaliación e mellora das versións, ate chegar a versión final. 

Bibliografía

Ocultar

bibliografia
Luis Fernández López

Indicar as fontes (WEBS, libros, revistas, etc) que ides a usar no proxecto. Só as que ides a usar. Non deben ser moitas. 

  • A forma de citar un libro é: 

Bioloxía e Xeoloxía 3º ESO. Editorial Anaya.

  • A forma de citar un artigo dunha revista:

González, M., & López, R. (2022). O impacto dos fertilizantes químicos nos ecosistemas acuáticos. Revista Galega de Ciencias, 14(3), 45-52. 

  • Se se trata dunha WEB:

Para citar unha web, debes incluír os seguintes elementos básicos: autor ou organización, ano de publicación (se está dispoñible), título da páxina ou artigo, URL e data de acceso (se é necesario). Aquí tes un exemplo:

Organización Mundial da Saúde. (2023). Cambio climático e saúde. Recuperado de https://www.who.int/topics/climate-change/ o 9 de decembro de 2024.

Un exemplo

Imaxinade que no voso proxecto precisades criar caracois e utilizastes un vídeo onde se explica como crialos. Esa fonte debe aparecer na bibliografía, indicando correctamente os datos do vídeo, como o autor ou creador, o título, o ano de publicación, o formato  e o enlace para que calquera poida consultala.

Smith, J. (2021). How to raise and care for snails at home [Vídeo]. Recuperado de https://www.youtube.com/watch?v=example o 9 de decembro de 2024.

Se, por exemplo, tedes un artigo que fala dos caracois na Arxentina, e non o ides a utilizar, NON debe aparecer na bibliografía. Só os que vaiades a precisar. 

Lembrade escribir no cadro azul. O verde é para que o profesor ou a profesora faga os comentarios de avaliación e mellora das versións, ate chegar a versión final. 

Versións para mellorar

Ocultar

versions
Luis Fernández López

Facer un proxecto seguro requerirá melloras. Por iso, elaboraredes unha primeira versión que será enviada ao profesor ou profesora. No cadro verde, incluiranse os seus comentarios, loubanzas e propostas de mellora, que vos permitirán redactar unha segunda versión. Esta poderá ser a definitiva ou, se fose necesario, seguiremos traballando para mellorala. No recadro final, iranse anotando as datas das diferentes versións ata chegar á versión definitiva, que vos permitirá iniciar o proxecto.

Tede paciencia porque na redacción de novas versións melloradas estaredes aprendendo moito. 

Este apartado será completado unicamente polo profesor ou profesora.
 

Lista desordenada das fases desta proposta de proxecto

Ocultar

Acabamos de ver unha proposta de formulación de proxectos, que non ten por que ser a única. Se no futuro traballades no ámbito científico, nas convocatorias, por exemplo, para conseguir financiamento do Ministerio de Ciencia, indicarase con precisión como debe formularse o proxecto. Será imprescindible respectar escrupulosamente as normas de cada convocatoria.

Neste caso, o formulario presenta unha serie de campos que agora debedes organizar.

Comprobar

Correcto!

2024129143139-60
Actividade non completada#Actividade superada. Puntuación: %s#Actividade non superada. Puntuación: %s#Lista desordenada

A resposta correcta é: