Conectando mentes
DESCRICIÓN DA ACTIVIDADE: Imos deseñar, crear e experimentar coa electricidade usando o material que temos nos Polos Creativos: cinta de cobre, leds, pilas, caixas con compoñentes eléctricos, kit básico de electricidade…
QUE TEÑO QUE TER? COMO O FAGO?
Imos crear unha maqueta con un ou varios circuítos eléctricos empregando o material co que contamos.
Collede o material de Polos Creativos que ides precisar: pilas de diferente tipo, cinta de cobre, plastilina condutora, leds, kit Sparkfun, kit básico de electricidade…
Partide do voso bocexo en papel.
Seguide as indicacións para crear circuítos en serie, paralelos ou mixtos.
- Creade o circuíto.
- Comprobade as baterías.
- Comprobade a polaridade.
- Probade.