Saltar navegación

3. Idear

Como funciona un circuíto eléctrico

Nesta fase, e tendo en conta a información compilada anteriormente, os equipos van crear circuítos eléctricos en papel usando a cinta de cobre de dobre cara. Empezaremos facendo un circuíto simple utilizando as caixas de SPARKFUN enviadas coa dotación de Polos Creativos onde tedes material para facer circuítos en papel. Despois, cada equipo deseñará un elemento que se ilumine: unha postal, un marcapáxinas, un debuxo… O circuíto non será visible e debe ter un interruptor para poñelo a funcionar.