Demostra canto sabes do tema
Arrancamos o noso proxecto facendo unha práctica moi sinxela e divertida con plastilina condutora e plastilina normal, leds e unha pilas de diferente tipo: botón e prismáticas. Finalmente, cada equipo fará con plastilina algún elemento (un coche, un verme, un semáforo…) onde incorpore todos os elementos: leds, crocodilos, plastilina condutora e non condutora e pila. Do que se trata é de experimentar e divertirse vendo como funciona un circuíto eléctrico sinxelo.