Saltar navegación

2. Definir

Aprendo xogando. Circuit Maze

Seguimos traballando coa electricidade pero, neste caso, identificando conceptos e montando circuítos de diferente tipo: en serie, paralelo ou mixto. Para isto, ademais de traballar teoricamente o tema, imos montar circuítos a través dun xogo de lóxica e razoamento secuencial chamado "Circuit Maze" onde debemos organizar as pezas para crear un circuíto eléctrico real que prenda os leds de cores.