Aprendo xogando.
Para levar a cabo os retos de Polos Creativos propostos ao longo deste recurso dixital imos seguir os pasos da metodoloxía "design thinking", xa que nos axuda a resolver problemas complexos e desenvolver solucións centradas nas necesidades dos usuarios/as.
Nesta primeira ODE coa que arranca o proxecto imos tentar crear un xogo de mesa guiando ao alumnado en cada unha das etapas deste método. Deste xeito:
- Empatizaremos xogando, entendendo as necesidades, intereses e preferencias de nós mesmos e dos demais como xogadores/as.
- Definiremos o tipo de xogo a crear establecendo obxectivos claros en función dos nosos gustos.
- Idearemos variedade de alternativas de xogo, tendo en conta as ideas e perspectivas dos propios creadores/as implicados nese momento.
- Prototizaremos o xogo cos compañeiros/as da aula.
- Testearemos a nosa creación xogando e recollendo o feedback para poder facer os axustes necesarios para que a proposta sexa un éxito.
- Falaremos das diferentes etapas que seguimos para a creación do xogo, en que consiste cada unha delas, como se van artellando unhas con outras para conseguir o produto final e como nos atopamos levando a cabo o reto con esta metodoloxía.
- Implementaremos a versión final, tendo en conta a retroalimentación recibida durante o proceso de testeo, ampliaremos e melloraremos o noso xogo co material dos Polos Creativos e deixarémolo como material de aula para uso e desfrute de todos/as.