Aspectos a ter en conta
Tras xogar a diferentes xogos de mesa, o primeiro que imos facer é aprender vocabulario básico relacionado cos xogos de mesa. Despois realizaremos unha entrevista a pares para recadar información por escrito sobre os xogos. Para rematar, faremos unha posta en común desta información nun panel colaborativo onde se darán cita as diferentes propostas.