Elabora o proxecto paso a paso
Chega a momento de darlle forma ao noso xogo. Cada equipo vai recibir o seguinte material: unha base que pode servir de taboleiro, unhas tarxetas de 9x13 centímetros brancas, fichas redondas de cores e varios dados que se unen a todo o material co que contan na aula de Polos Creativos. Cada equipo terá que realizar o seu xogo. Poden usar o material da caixa que queiran. Ademais, cada equipo debe escribir un manual de uso onde se recollerá o número de xogadores, idade, tipo de xogo, material, regras e puntuación. Estas regras gardaranse en PDF e convertiranse nun código QR que imprimiremos para unir ao xogo.