Como funciona...
Tendo en conta a información compilada anteriormente, o vocabulario e as ideas das fases anteriores, colocarémonos en equipos de 4-5 alumnos/as para comezar a deseñar o noso xogo de mesa. Nesta fase debemos decidir o tipo de xogo, as instrucións e repartir as tarefas para poder levalo a cabo. Faremos o noso bocexo en papel e anotaremos o material que precisamos.