Completa
Unha pirámide de @@poboación@@ ou pirámide demográfica é un gráfico de barras @@horizontais@@ cuxa lonxitude indica a cantidade de persoas que teñen unha determinade @@idade@@ e sexo.
Normalmente represéntanse á poboación másculina á esquerda e a feminina á @@dereita@@ .
Habitualmente indícanse as idades no eixo vertical en tramos de @@5@@ anos (0 a 4, 5 a 9, 10 a 14 ...), colocando a barra de menor idade na parte inferior e aumentando progresivamente ata colocar a maior idade na parte @@superior@@ .
Chámase @@pirámide@@ de poboación porque esta é a forma que adopta o gráfico cando se representa unha sociedade cun gran número de nacementos, no que as barras que representan á poboación infantil son máis longas que as que representan á poboación @@xuvenil@@ e estas, a súa vez, máis @@longas@@ que as dos adultos. Sen embargo, non ten forma de pirámide cando se representa a poboación dun lugar no que cada ano descende o número de @@nacementos@@ .
Central_Intelligence_Agency. Population_pyramid_of_the_European_Union_2016. Dominio público