- Que poboación terá Padrón? - pregunta Martiño mirando unha terraza chea de xente.
- Algo máis de 8000 habitantes - contéstalle unha muller que escoitou a pregunta -. Aquí houbo pouca variación no número total nos últimos 150 anos. Aínda que cada vez nacen menos bebés, a inmigración aumentou un pouco nos últimos anos e grazas a iso a poboación non diminúe drasticamente.
- Xa me parecía a min que escoitaba falar a moita xente noutros idiomas - intervén Antía mirando a un grupo de mulleres.
- Esas son peregrinas! Fíxate nas chanclas, nas mochilas e nos mapas! - dille Martiño.