Saltar navegación

3. A organización territorial de España

 

Despois de comer visitan o Xardín Botánico - Artístico de Padrón, que é un Ben de Interese Cultural, e aprenden moito coas fichas sobre as distintas especies. 

- Mira esa palmeira do Senegal! - exclama Uxía. 

- Seguro que non hai outro xardín tan antigo e bonito en toda a provincia! 

- Nin en toda a Comunidade Autónoma! Estou descubrindo montóns de árbores - engade Martiño.

- Cando volvamos ao colexio podemos repasar os nomes das árbores na páxina web do Xardín, que ten un catálogo de especies moi completo. 

Ler con pictos premendo aquí

Feito con eXeLearning (Nova xanela)