A poboación non se distribúe do mesmo xeito en todo o territorio.
Algúns lugares teñen moitos habitantes e outros están deshabitados.
A densidade de poboación é a relación entre o número de habitantes dun territorio e o espazo que ocupa.
Cantas máis persoas vivan nun quilómetro cadrado, maior será a densidade de poboación dese lugar.