
O Ringo xógase cun sistema de punto directo, é dicir, cada vez que o ringo cae ao chan, anótase un punto para un/ha xogador/a ou equipo.
-
Quen gaña un punto segue sacando ata que perda ou acabe o set.
-
Mentres o ringo estea no aire, aínda que sexa fóra dos límites do campo, o xogo continúa.
-
O ringo ten que pasar claramente por riba da rede. Se pasara por debaixo, o punto será para a/o xogador/a ou equipo contrario.
-
Cando se xoga con dous ringos:
-
Dispútanse dous puntos, un por cada ringo.
-
Se un ringo toca o chan, o xogo continúa.
-
Cando o segundo ringo toca o chan, o xogo párase.
-
A persoa que arbitra indica que parella ou equipo gañou cada punto.
-