
O Ringo é un xogo recreativo, de cancha dividida por unha rede e con moitas variantes.
-
Modalidade individual, 1x1.
-
Modalidade dobres e mixta, 2x2.
-
Modalidade de equipos, 3x3 ata 5x5.
Para xogar empregamos un ou dous ringos.
-
O ringo é un aro de goma, oco e inchable.
-
O diámetro oficial do ringo é 17 cms.
-
O peso oficial do ringo está entre os 160 e os 165 gs.
-
O peso e diámetro do ringo varían segundo as categorías.
O obxectivo do xogo é gañar puntos. Para iso, o ringo, despois de pasar por riba da rede, ten que tocar o chan do campo contrario.
O campo de xogo é igual á cancha de voleibol (18x9m) nas modalidades de 2x2 e equipos, sendo un pouco máis estreita (18x8m) na modalidade de individuais, 1x1.
O Ringo é unha actividade aeróbica, polo que melloraremos as nosas cualidades físicas de resistencia, velocidade, forza e flexibilidade.
O Ringo desenvolve a habilidade de poñer a forza óptima no lanzamento, de tal xeito que o ringo teña a traxectoria e velocidade necesarias para caer no lugar mellor da pista e conseguir punto.