3. O campo de xogo

Pista de Ringo vista desde arriba (planta).
Carmen García e Manuel Mato. Pista de Ringo vista desde arriba (planta). (CC BY-NC-SA)
Pista de Ringo en perspectiva
Carmen García e Manuel Mato. Pista de Ringo en perspectiva (CC BY-NC-SA)

Nas dúas imaxes superiores, podemos ver o campo onde se xoga ao Ringo.

O típico campo de Ringo mide 18 metros de longo por 8 metros de ancho para INDIVIDUAIS.

No caso de xogar dobres ou mixto, e por equipos de 3x3 ou máis, ata 5x5, as medidas son as dun campo de voleibol (18 metros de longo por 9 metros de ancho).

Non obstante, se o ximnasio ou a instalación na que ides practicar o Ringo non ten estas dimensións, podemos reducir o campo, sempre que manteñamos as proporcións e o campo sexa rectangular. Por exemplo, 12x4 metros.

Tamén podemos empregar campos de bádminton.

Fíxate, agora, nas seguintes características do campo:

  • A cancha debe ter unha superficie uniforme e lisa, que non esvare.

  • Hai unha liña central, que ningún/ha xogador/a poderá pisar ou traspasar.

  • Unha rede, situada enriba da liña central, divide a cancha en dúas metades iguais.

  • A cor da rede é normalmente amarela, aínda que pode ser doutras cores se se distingue ben e non prexudica o desenvolvemento do xogo.

  • A altura da rede é de 2,43 metros para todas as categorías e modalidades.

  • As liñas que delimitan o campo forman parte do mesmo, isto é, se o ringo toca a liña, considérase DENTRO.