Información
Os bosquexos son debuxos que axudan no proceso de deseño gráfico para ir vendo as diferentes posibilidades e solucións ao problema. É conveniente que sexan realizados a escala e que teñan anotacións das medidas, texturas e todos aqueles datos que axuden no proceso. Existen diferentes tipos de bosquexos que van desde un debuxo rápido ata un en 3D ou un prototipo.
María Martín Hernández (CC BY-NC-SA)
As maquetas son modelos a escala reducida que representan as principais características do obxecto.
Os prototipos son modelos idénticos ao produto final que se está deseñando. En moitos casos, a complexidade do deseño require unha proba real para poder avaliala.
O debuxo de fabricación consiste na elaboración das vistas principais: planta, do perfil e do alzado. Este plano ten que ser a escala e acotado.
|
Neste vídeo de Cursotutorial.com podes ver como se realiza a planta, o perfil e o alzado dunha cadeira co programa de 3D SketchUp. Na mesma canle podes atopar outros titoriais para repasar exercicios de vistas de varias pezas. |
Jose Luis Navarro Lizandra. Vista de alzado e perfil (CC BY-NC-SA)