Reflexión
- Cres que é necesario un método para facer un deseño?
- Como procedes ti?
É un paso decisivo no proceso de deseño. Definir as necesidades que se van cubrir co produto, que obxectos parecidos existen xa, que tipo de usuarios potenciais terá, aspectos ecolóxicos e de relación coa contorna, factores económicos, de transporte, etc. Así mesmo hai que marcar os límites ou restricións como normativas, condicionantes de fabricación, etc.
O briefing é un documento que se emprega no deseño para obter información sobre a empresa ou cliente que encarga un traballo ou produto. Neste vídeo Cómo hacer un briefing para un cliente de Diana Fernández podes ver máis información sobre este formulario.
Os deseñadores deben atopar as solucións posibles ao problema creado. Existen varias metodoloxías ou técnicas que se poden empregar para xerar ideas como a tormenta de ideas ou brainstorming, as listas controis, diferencias semánticos, os mapas mentais, grupos de discusión, entrevistas...
Estudo da viabilidade: proceso e custe de fabricación.
Estudos detallados dos aspectos técnicos, funcionalidade e comercialización.
Elaboración da proposta
Bosquexos con diferentes propostas de cores, texturas, tipografías, etc.
Creación de modelos ou maquetas e, finalmente de prototipos para avaliar o produto.
O produto sométese a probas físicas, mecánicas, térmicas, etc.
Pinzas Tong. André Ricard (CC BY-NC-SA) .
É a fase final de realización do produto.
Pinzas Tong. André Ricard (CC BY-NC-SA) .
...
Licenciado baixo a Licenza Creative Commons Recoñecemento Non-comercial Compartir igual 4.0