Saltar navegación

4. Representación de obxectos

Información

Para poder representar obxectos de forma bidimensional existen diversos sistemas de proxección. Un dos máis elementais é o sistema diédrico: 

Sistema diédrico

Os obxectos represéntanse coas vistas obtidas polas proxeccións ortogonais nos planos. Das seis vistas que ten un obxecto só se representan tres: vista principal ou alzado, o perfil e a planta. No sistema europeo a planta, se é a inferior, sitúase por riba do alzado e por debaixo, se é a superior. O perfil esquerdo sitúase á dereita do alzado e o dereito á esquerda.

PLANTA INFERIOR

PERFIL DEREITO

ALZADO

PERFIL ESQUERDO

PLANTA SUPERIOR

Sistema diédrico
José Luis Navarro Lizandro. Sistema diédrico (CC BY-NC-SA)


Neste enlace podes ver un curso de debuxo técnico sobre os sistemas de proxección.