Saltar navegación

O peixe Salva, peito de lobo.

Animaliños de cores
               Pixabay. Animais (CC0)

Contiños para despertar versos

Este conto pertence a unha unidade maior formada por cinco audiocontos cos que podes abordar varios dos contidos da túa programación, como a nosa natureza, os alimentos, as cores, etc. Pero tamén contidos de intelixencia emocional e social fundamentais para o benestar e felicidade do neno ou nena.

Cinco audiocontos

Son cinco contos orixinais inéditos:


O pitiño que levaba medio ovo na cabeza.

A pedra Cricriticrí.

O peixe Salva, peito de lobo.

A ra Pipa e o picapeixe que a ensinou a cazar.

A vaquiña Petra.

Menú 

No menú de cada conto verás:

-O audioconto

-O poema-canción. A canción está relacionada co conto (partes da canción están xa integradas no conto para que se vaian familiarizando coa melodía). Aparece o texto, a partitura e un audio da melodía principal.

-Unha versión escrita idéntica ao audioconto. O poema/canción orixinal relacionado co conto. Esta versión non está anotada para que poidas compartila, se queres, coas familias. 

-Actividades interactivas para o alumnado.

-Orientacións didácticas para o profesorado. 

-Guía didáctica: como traballar con estas cinco unidades.

Didáctica

-A parte didáctica está composta, en primeiro lugar, por unha serie de recomendacións sobre a dinámica a seguir co audioconto e unhas actividades preparatorias ou preliminares. Es libre de modificalas, saltalas, intercambialas dun conto a outro…Pode haber ligazóns que che axuden a desenvolver as actividades.

-Actividades de variada tipoloxía para profundar nos contidos e para gozar co conto. Hai actividades tamén para realizar fóra da aula.

-Indicacións para as actividades interactivas do alumnado.

-Instrumentos de avaliación: para avaliar o alumnado nas actividades e para avaliar tamén a unidade didáctica mesma. Hai rúbricas non só para as actividades dos contidos máis "clásicos" senón tamén dos contidos de intelixencia emocional.

Se valoras a unidade didáctica e o desexas, podes facerme chegar as túas observacións, que serán útiles para futuros traballos ou para a actualización dos presentes contidos: carmencobas@edu.xunta.gal ou carmencovas@gmail.com e quedarei moi agradecida.

Project-Id-Version: eXeLearning 2.6Report-Msgid-Bugs-To: POT-Creation-Date: 2021-05-04 18:24+0200PO-Revision-Date: 2021-04-25 19:19+0200Last-Translator: Pablo Nimo Liboreiro Language: glLanguage-Team: eXeLearning.net Plural-Forms: nplurals=2; plural=(n != 1)MIME-Version: 1.0Content-Type: text/plain; charset=utf-8Content-Transfer-Encoding: 8bitGenerated-By: Babel 2.4.0