Avaliando...
Cada subapartado de Avaliación das actividades propón un instrumento de avaliación para valorar o teu alumnado en cada un dos seguintes aspectos:
-A interacción social e a participación nas dinámicas propostas na aula durante a escoita ou durante as actividades.
-Actividades dentro da aula. Máis que o grao de adquisición ou logro e a perfección do resultado, imos valorar o interese na realización da actividade ou tarefa e o melloramento así como o interese por seguir as indicacións do ou da ensinante.
-Actividades fóra da aula e/ou o colexio. Como as dinámicas cambian cando saímos da clase (tamén nun mesmo alumno ou alumna), pode resultarnos útil esta segunda rúbrica das actividades.