Saltar navegación

Quecendo motores!

Quecendo motores!

Antes de comezar a cantar, xa sabedes que temos que facer uns exercicios para preparar a nosa voz e que non sufra danos. Lembrade que os facemos de pé e en círculo para vernos uns os outros.

Comezamos con exercicios de relaxación e respiración! (están na Unidade 2).  Lembrade que todos estes exercicios teñen que axudarnos a comprender que a voz é impulsada cara arriba pola columna de aire, como unha pluma levada polo vento.

Unha vez feitos, pasamos aos exercicios de articulación e vocalización (se necesitades repasar ide á Unidade 3). Sobre todo, temos que ter clara as posicións da boca nas vogais: 

Debuxo dun neno coa boca aberta e frechas que indican como abrila para as vocais a e i a, e, i                                      Debuxo dunha nena coa boca aberta con frechas que indican como para as vocais o u  o, u

Unha vez feitos, xa podemos comezar a cantar!