Que é a modulación?
Modular é cambiar de tonalidade nun fragmento musical.

Existen dúas formas de cambiar de tonalidade dentro dunha partitura:
- cando a nova tonalidade vai permanecer moito tempo, ponse unha dobre barra, e despois escríbese a nova armadura.

- cando só é un cambio de tonalidade pequeno, utilízanse alteracións accidentais que nos permiten deducir a nova tonalidade.

Neste caso, recibe o nome de Flexión.