Saltar navegación

A modulación

Comezamos!!!

Unha negra animada cun sorrisoLembrades o que é a modulación? O ano pasado falamos dela pero moi pouquiño. Así que imos coñecela mellor. Xa traballamos cos intervalos, as tonalidades e as escalas, os acordes,...bufff! Canto levamos feito xa!

Seguiremos co ritmo. Esta vez, centrarémonos nos grupos de valoración especial. Que son? A que coñecedes a tercina? Pois chámanse así! Os compases serán todos os que vimos ata agora.

E coñeceremos algunha melodía un pouco tenebrosa... estades preparados?

Alá imos!