7.- Avaliación da secuencia didáctica
Nesta secuencia didáctica aprenderemos:
O signficado da conmemoración e por que eliximos esta semana. Identificar os problemas e ameazas ambientais e amosar sensibilidade ante eles. Debater sobre problemas medioambientais. Ampliar os coñecementos da contorna próxima. Poñer en valor o medio no que vivimos e a necesidade de coidar a biodiversidade. Tomar conciencia do cambio climático e dos seus efectos. |
En moitas actividades están sinalados os criterios de avaliación, instrumentos e incluso rúbricas creadas ad hoc.
Neste apartado algunha suxestión de como realizar unha avaliación global da secuencia:
- No caderno de traballo:
Hai dous tipos de actividades:
a) Unhas son interactivas que se poden avaliar de xeito inmediato e teñen o propósito de servir de motivación e relacionar conceptos traballados. Clicando no botón de informes do menú superior podedes ver a calificación de este grupo de actividades;
b) Outras son propostas de traballo colaborativo ou cooperativo e se avaliarín coa rúbrica do traballo grupal.
- Na proposta de traballo cooperativo:
A avaliación da actividade farase en base á rúbrica:
- Para a avaliación da webquest propoñemos esta outra rúbrica:
Para avaliar o traballo, fixarémonos nos seguintes aspectos:
- Utilización dos recursos da rede.
- Exposición clara dos elementos tratados na documentación e plantillas creadas.
- Utilización correcta da lingua galega.
- Viabilidade e importancia dos aspectos tidos en conta.
- Funcionamento e relación entre os catro membros do grupo.
- Composición e estética das plantillas e documentos.
Rúbrica:
CATEGORIA |
4 puntos |
3 puntos |
2 puntos |
1 punto |
|
Contido e precisión |
Toda a información dos aspectos tratados é axeitada. |
99-90% da información dos aspectos tratados é axeitada. |
89-80% da iinformación dos aspectos tratados é axeitada. |
Menos do 80% da información dos aspectos tratados é axeitada. |
Escritura-Gramática |
Non hai erros gramaticais no texto da plantilla e documentos. |
Non hai erros gramaticais na plantilla e documentos creados despois da revisión por parte do mestre. |
Hai 1-2 erros gramaticais na plantilla e documentos creados, aínda despois da revisión por parte do mestre. |
Hai 3 ou máis erros gramaticais na plantilla e documentos creados, aínda despois da revisión por parte do mestre. |
Coñecemento gañado |
Todos os alumnos do grupo saben o porqué dos distintos campos da documentación creada segundo unhas pautas establecidas e o proceso técnico usado para crealo. |
Todos os alumnos do grupo saben o porqué dos distintos campos da documentación creada segundo unhas pautas establecidas e o proceso técnico usado para crealo. |
Só algúns alumnos do grupo saben o porqué dos distintos campos da documentación creada segundo unhas pautas establecidas e o proceso técnico usado para crealo. |
Varios alumnos do grupo parecen ter pouco coñecemento sobre o porqué dos distintos campos da documentación creada segundo unhas pautas establecidas e o proceso técnico usado para crealo. |
Gráficos |
Os gráficos da plantilla final van ben co texto e hai unha boa combinación de texto e gráficos. |
Os gráficos da plantilla final van ben co texto, pero hai moitos que se desvían do mesmo. |
Os gráficos van ben co título, pero hai moi poucos e a plantilla final parece ter excesivo texto e resulta pouco atractiva. |
Os gráficos da plantilla final non van co texto, e aparentan ter sido escollidos sen ningunha orde. |
Atractivo |
A plantilla final para a catalogación de especies é excepcionalmente atractiva en termos de deseño, composición e integración dos distintos apartados. |
A plantilla final para a catalogación de especies é atractiva en termos de deseño, composición e integración dos distintos apartados. |
A plantilla final para a catalogación de especies é relativamente atractiva aínda que pode estar descompensado nalgúns aspectos. |
A plantilla final para a catalogación de especies está bastante desordenada ou está moi mal deseñada. Non é nada atractiva. |
Uso do tempo de clase |
Usou ben o tempo durante cada periodo de clase. Puxo énfase en realizar o traballo e nunca fixo perder o tempo a outros. |
Usou ben o tempo durante cada periodo de clase. En xeral, puxo énfase en realizar o traballo e nunca fixo perder o tempo a outros. |
Houbo certo énfase en realizar o traballo, pero ocasionalmente distraía a outros. |
Non usou o tempo de clase para realizar o traballo ou distraía con frecuencia a outros. |
Esta rúbrica está inspirada libremente na ferramenta web Rubistar.
- A actividade de ampliación e motivación (xogo de preguntas e respostas tipo test con tres opcións de resposta)
Avalíase de forma inmediata pois o xogo é de tipo individual ou grupal e remata cando o alumnado ou grupo acerta todas as preguntas formuladas. A pregunta sempre é a mesma: "A que colector vai?" e das tres opcións de resposta só unha é a correcta. No caso de erro a aplicación volve a formularlle a mesma pregunta ata que acerte. No caso de acerto ábrese unha pantalla con Feedback explicando algo máis os residuos que tamén se poden botar nese colector así como información adicional por exemplo se se pode facer compost con el ou non.
No ángulo superior esquerdo de cada imaxe hai un botón "+" que cando pasamos o rato por encima nos describe que produto é por se houbese dúbida con agunha das imaxes. Axuda tamén se se utiliza un lector de pantallas tipo Jaws ou NVDA.
Posibilidade de ampliación:
- Aumentar o número de elementos a analizar. De momento só fixen 10 cos cinco tipo de colectores vistos: amarelo, azul, verde, marrón e gris.
- Posibilidade de incluir obxectos nos que se precisaría un "Punto limpo".
- Poñer o xogo algo máis complicado e en caso de erro voltar ao inicio.
Ao rematar satisfactoriamente o xogo aparecerá unha pantalla dando os parabéns. Gañará, polo tanto, o alumno ou grupo que poida amosar antes esta pantalla:
Licenciado baixo a Licenza Creative Commons Recoñecemento Non-comercial Compartir igual 4.0