Saltar navegación

2.- Glosario

GLOSARIO (ver/ocultar todas as palabras)

A - D

Acacia; Árbore da familia das leguminosas, orixinaria de Australia, da que existen varias especies, que ten as follas pequenas e aguzadas e bota flores amarelas ou brancas agrupadas en acios.

Acuífero: Formación xeolóxica da codia terrestre na que se acumulan as augas infiltradas, de afluencia ou de condensación.

Agricultura: Cultivo da terra co obxecto de obter dela produtos útiles ao home, particularmente para a súa alimentación.

Agricultura ecolóxica: É a produción agrícola que se leva a cabo sen produtos químicos de síntese. Promove a utilización de abonos orgánicos así como tamén a agricultura de policultivos, a conservación de bosques como protectores, e o mantemento das variedades locais de cultivo. O produto final considérase máis nutritivo e menos contaminado.

Amazonía: Zona de Sudamérica  que comprende parte de Brasil, Colombia, Ecuador, Guyana, Guayana, Perú, Bolivia, Surinam e Venezuela. Pola súa extensión está considerada a "Reserva Forestal do Mundo". Ten unha superficie aproximada de 6 millóns de Km2.

Atmosfera: Envoltura gasosa do planeta Tierra. Está conformada por un 78% de nitróxeno, 21% de osíxeno e otros elementos como o argón, dióxido de carbono, trazos de gases nobles...

Biodegradable: Que pode ser descomposto polas bacterias e outros organismos da natureza.

Biodiversidade: Diversidade de especies vexetais e animais nun ecosistema.

Biomasa: Materia orgánica orixinada nun proceso biolóxico e utilizable como fonte de enerxía.

Biosfera: Zona que rodea a Terra, onde habitan os seres vivos.

Cambio climático: Alteracións dos ciclos climáticos naturais do planeta por efecto da actividade humana, especialmente as emisións masivas de CO2 á atmosfera provocadas polas actividades industriais intensivas e a queima masiva de combustibles fósiles.

Capa de ozono: Capa composta por ozono que protexe á Terra dos danos causados polas radiacións ultravioleta procedentes do sol. Se desaparecera esta capa as radiacións esterilizarían a superficie do globo e  rematarían con toda a
vida terrestre.

Chuvia ácida: Chuvia cuns niveis de pH inferiores aos normais a causa da mestura de auga cos produtos do xofre e do nitróxeno que se atopan na atmosfera.

Chuvia de animais: Fenómeno meteorolóxico extraordinario, que consiste na caída do ceo de numerosos animais, frecuentemente dunha soa especie. Moi ligado á presenza de tornados.

Ciclo da auga: Movemento continuo de transformación e circulación da auga na Terra. Consiste no traslado da agua dun lugar a outro e os seus cambios de estado físico, líquido, gasoso e sólido, segundo as condicións ambientais.

Colector do lixo: Depósito de grandes dimensións que se coloca nas rúas para a recollida do lixo. Para faciitar a reciclae os colectores poden ser de distintas cores. As máis habituais son: verde, amarela, azul, marrón e gris.

Compost: Produto resultante da descomposición biolóxica controlada de materias orgánicas e minerais, que se usa como fertilizante.

Composteiro: Colector no que se introducen os residuos orgánicos para facer a compostaxe.

Consumo responsable: Consumo de produtos e servizos xerados no terceiro mundo por parte de persoas dos países ricos, que ten en conta as condicións laborais e ambientais en que esta produción se levou a cabo.

Contaminación luminosa: Emisión excesiva de luz artificial durante a noite que provoca efectos negativos sobre o medio.

Cultivo intensivo: É cando utilizamos un terreo para cultivar moitas veces seguidas, diminuíndo os períodos de descanso da terra. O resultado é o empobrecemento do solo, pois todos os nutrientes son absorbidos polas plantas sen tempo para recuperalos.

Deforestación: Destrución da vexetación forestal dun terreo. Ten como resultado a degradación do solo e do tipo de
vexetación que se reduce a arbustos medianos e herbáceos con tendencia á desertización.

Desenvolvemento sostible: Que permite preservar, manter e mellorar a calidade dos recursos e dos equilibrios naturais, así como velar polo futuro.

Desertización: Proceso polo cal un territorio que non posúe as condicións climáticas dun deserto adquire as características deste, como resultado da destrución da súa cuberta vexetal e tamén a causa dunha forte erosión.

E - H

Ecoloxía: Ciencia que estuda as relacións que manteñen os seres vivos entre si e co medio en que viven.

Ecoloxismo: Movemento que defende a conservación da natureza, buscando un mellor equilibrio entre o home e o medio natural.

Ecotaxa: Imposto cargado sobre a produción e/ ou o consumo. O seu destino é financiar os custes de reparación dos perxuizos ocasionados ao medio ambiente por dita acción.

Efecto invernadoiro: Quecemento progresivo do planeta provocado pola acción humana sobre o medio ambiente, debido fundamentalmente ás emisións de CO2 resultantes das actividades industriais intensivas e a queima masiva de combustibles fósiles.

Enerxía renovable: Enerxía que presenta a natureza de modo continuo e practicamente inesgotable.

Eucalipto: Árbore da familia das mirtáceas orixinaria de Australia e da que existen moitas especies, de folla perenne con característica forma de gadaña.

Extinción: Proceso que afecta a moitas especies animais e vexetais, ameazando a súa supervivencia, principalmente a causa da acción do home, que foi transformando e reducindo o seu medio natural.

Hábitat: Dominio xeográfico propio para a vida dunha determinada especie (animal ou vexetal).

Humus: Materia orgánica do solo, de cor marrón escura e aspecto terroso, formada polos residuos vexetais descompostos ou en vías de descomposición, aos que se engaden en menor medida restos animais.

I - L

Impacto ambiental: Repercusión das modificacións nos factores do Medio Ambiente, sobre a saúde e benestar humanos. 

Inversión térmica: Fenómeno climático na que o aire que está preto do solo contén toda a contaminación e faise máis frío que a capa de aire máis alta. Esta situación impide que o aire circule cara arriba e atrapa todos os contaminantes nesta zona próxima ao solo.

Lixiviados: Líquidos tóxicos e altamente contaminantes xerados pola filtración da auga de chuvia entre os detritos dun vertedoiro.

Lixo: Conxunto de materias sucias ou de cousas que non serven e se tiran. Xeralmente de orixe urbano e de tipo sólido. Hai lixo que pode reutilizarse ou reciclarse. Na natureza, o lixo non só afea a paisaxe, senón que ademáis o dana; por exemplo pode contaminar as augas subterráneas, os mares, os ríos etc.

M - O

Medio: Todo aquilo que rodea a vida dunha persoa, como é o lugar onde vive, a xente con quen trata, o tipo de traballo que realiza etc. Sinónimo: Ambiente.

Mimosa: Árbore da familia das mimosáceas orixinaria de Australia, de casca lisa e agrisada, follas moi divididas e flores amarelas, recendentes, en forma de boliñas que se agrupan en acios. En certas zonas as mimosas inzan tanto que constitúen unha verdadeira praga.

Monóxido de carbono: Gas incoloro e inodoro, moi velenoso, que se produce pola combustión dos motores e por tanto constitúe un grave problema de contaminación nas cidades, debido ao exceso de vehículos.

Natureza: Hábitat onde conflúen a vida animal, vexetal e mineral.

P - T

Parque nacional: Espazo natural protexido polo Estado co fin de preservar a súa flora e fauna e de que non sexa alterado pola actividade humana.

Parque natural: Lugar delimitado e protexido, de grande interese ecolóxico ou paisaxístico.

Punto limpo: Instalación onde se recollen e almacenan temporalmente e de balde os residuos domésticos que, polo seu gran volume ou perigosidade, non deben botarse na bolsa de lixo nin depositarse nos colectores da rúa.

Quecemento global: Alteración (aumento) da temperatura do planeta, produto da intensa actividade humana nos últimos 100 anos.

Reciclar: Rexenerar, transformar [un material xa usado] para volvelo utilizar.

Recursos naturais: Son aqueles bes existentes na Tierra e que a humanidade aproveita para a súa subsistencia, agregándolles un valor económico. Tales recursos son: O aire, a enerxía, os minerais, os ríos, a flora, a fauna,
etc.

Reutilizar: Volver utilizar [algo].

Transxénico: Organismo con modificacións xenéticas que leva algún xene procedente doutras especies. Os coñecementos científicos actuais non permiten coñecer as consecuencias dos transxénicos no futuro.

Tres R: Máxima ecoloxista para referirse á necesidade de reducir (o consumo), reutilizar e reciclar.

Trófico: Relativo ou pertencente á nutrición.

Turismo ecolóxico: Viaxe de placer, respectuoso co medio ambiente, emprendido co obxectivo de coñecer e desfrutar do medio natural e das súas leis.

U - Z

Vertedoiro: Lugar onde se depositancousas que non serven, o lixo etc.