4.- Webquest: "Documentos para catalogar árbores, arbustos e plantas"
Webquest "Documentos para catalogar as árbores e plantas do colexio"
Introdución
Para conmemorar o Día Mundial do Medio Ambiente queremos que todo o alumnado do centro participe na catalogación das plantas e árbores que temos no colexio. Se queremos facelo de xeito organizado é preciso xerar documentos e plantillas para sistematizar o traballo.
Os obxectivos que perseguimos son:
- Coñecer a contorna natural máis próxima, centrándonos nas árbores, arbustose as posibilidades de formación que ofrecen.
- Fomentar o respecto cara a nosa biodiversidade, partindo para elo dos
coñeccementos previos e de principios básicos de convivencia.
- Desenvolver a capacidade de busca de información e investigación do
alumnado.
En definitiva: Trátase dunha proposta na que o alumnado desenvolverá estratexias como a observación, o rexistro sistemático, o traballo cooperativo, a resolución de problemas, a planificación de tarefas, o coñecemento de diferentes recursos e fontes de información...
Tarefa
En equipos de catro membros teremos que elaborar a documentación precisa para a recollida de datos para clasificar a biodiversidade do noso colexio en canto a árbores. arbustos e plantas.
Estos son os documentos que deberán crear:
- Un documento de recollida de datos para as árbores.
- Un documento de recollida de datos para os arbustos.
- Un documento de recollida de datos para as plantas.
- Uha plantilla para poñer en cada árbore, arbusto ou planta coa ficha da mesma.
Previamente asignaráselle a cada grupo sobre que especie farán esa documentación: árbore, arbusto ou planta.
Proceso
Cada "equipo" estará formada por catro membros que se repartirán estos roles:
-Coordinador/a: É quen define os obxectivos do grupo e coordina a toma de decisións. Tamén chamado líder ou responsable. Transmite seguridade, confianza e cohesión ao grupo.
- Investigador/a: O estudio das fontes son a súa principal fortaleza: estudos, análises,..., etc. Parte da súa función é extraer información que aplicará ao proceso actual. Soe ser un bo comunicador e un excelente analista das situacións.
- Creativo/a: persona chea de ideas e é quen de aportar suxestións e opinións. É imaxinativo, innovador e curioso.
- Deseñador/a: é o encargado de "darlle forma" e coherencia aos documentos de recollida de datos e á plantilla que se porá en cada planta, arbusto ou árbore.
Cada un exercerá o seu rol pero todas as propostas serán debatidas internamente entre os catro membros do grupo para poder elaborar a documentación axeitada para a recollida de datos e plantilla final.
Como fase final é importante consensuar estes documentos entre os distintos grupos para unificar criterios e incluso mínimamente a estética.
Recursos

Para recabar información sobre a catalogación de vexetais:
- Proxecto catalogación do xardín do colexio (en castelán)
- Exemplo: Árbores de parques e xardíns (en castelán)
- APP: Seek para catalogar plantas e árbores (en inglés e castelán).
- APP: Plantsnap para catalogar plantas e árbores (en inglés).
Propostas para darlle formato á plantilla final que se colocará en cada árbore, arbusto ou planta:
Avaliación
Para avaliar o traballo, fixarémonos nos seguintes aspectos:
- Utilización dos recursos da rede.
- Exposición clara dos elementos tratados na documentación e plantillas creadas.
- Utilización correcta da lingua galega.
- Viabilidade e importancia dos aspectos tidos en conta.
- Funcionamento e relación entre os catro membros do grupo.
- Composición e estética das palntillas e documentos.
Rúbrica:
|
|
CATEGORIA |
4 puntos |
3 puntos |
2 puntos |
1 punto |
|
Contido e precisión |
Toda a información dos aspectos tratados é axeitada. |
99-90% da información dos aspectos tratados é axeitada. |
89-80% da iinformación dos aspectos tratados é axeitada. |
Menos do 80% da información dos aspectos tratados é axeitada. |
|
Escritura-Gramática |
Non hai erros gramaticais no texto da plantilla e documentos. |
Non hai erros gramaticais na plantilla e documentos creados despois da revisión por parte do mestre. |
Hai 1-2 erros gramaticais na plantilla e documentos creados, aínda despois da revisión por parte do mestre. |
Hai 3 ou máis erros gramaticais na plantilla e documentos creados, aínda despois da revisión por parte do mestre |
|
Coñecemento gañado |
Todos os alumnos do grupo saben o porqué dos distintos campos da documentación creada segundo unhas pautas establecidas e o proceso técnico usado para crealo. |
Todos os alumnos do grupo saben o porqué dos distintos campos da documentación creada segundo unhas pautas establecidas e o proceso técnico usado para crealo. |
Só algúns alumnos do grupo saben o porqué dos distintos campos da documentación creada segundo unhas pautas establecidas e o proceso técnico usado para crealo. |
Varios alumnos do grupo parecen ter pouco coñecemento sobre o porqué dos distintos campos da documentación creada segundo unhas pautas establecidas e o proceso técnico usado para crealo. |
|
Gráficos |
Os gráficos da plantilla final van ben co texto e hai unha boa combinación de texto e gráficos. |
Os gráficos da plantilla final van ben co texto, pero hai moitos que se desvían do mesmo. |
Os gráficos van ben co título, pero hai moi poucos e a plantilla final parece ter excesivo texto e resulta pouco atractiva. |
Os gráficos da plantilla final non van co texto, e aparentan ter sido escollidos sen ningún orden. |
|
Atractivo |
A plantilla final para a catalogación de especies é excepcionalmente atractiva en termos de deseño, composición e integración dos distintos apartados. |
A plantilla final para a catalogación de especies é atractiva en termos de deseño, composición e integración dos distintos apartados. |
A plantilla final para a catalogación de especies é relativamente atractiva aínda que pode estar descompensado nalgúns aspectos. |
A plantilla final para a catalogación de especies está bastante desordenada ou está moi mal deseñada. Non é nada atractiva. |
|
Uso do tempo de clase |
Usou ben o tempo durante cada periodo de clase. Puxo énfase en realizar o traballo e nunca fixo perder o tempo a outros. |
Usou ben o tempo durante cada periodo de clase. En xeral, puxo énfase en realizar o traballo e nunca fixo perder o tempo a outros. |
Houbo certo énfase en realizar o traballo, pero ocasionalmente distraía a outros. |
Non usou o tempo de clase para realizar o traballo ou distraía con frecuencia a outros. |
Esta rúbrica está inspirada libremente na ferramenta web Rubistar.
Conclusións
- É moi importante uniformizar a recollida de datos para poder plasmar o observado nunha plantilla vistosa.
- Fundamental respectar a biodiversidade do medio no que nos atopamos.
- Os aspectos formais tamén temos que coidalos: logos, paleta de cores, cartelería, etiquetas, tipografías, tamaños de letra, pes de foto...
- Nos materiais escolares podemos acollernos ao dereito de cita con determinadas condicións pero temos que citar en todo momento eses fragmentos, a autoría da multimedia e os dereitos de uso.
- O DUA (Deseño Universal de Aprendizaxe) propón que usemos unha boa variedade de canles para presentar os contidos, polo cal sería interesante que a nosa plantilla incluise un código QR con audios describindo as distinta especies, por exemplo.
Licenciado baixo a Licenza Creative Commons Recoñecemento Non-comercial Compartir igual 4.0