3.3.2.- Expresións
Unha expresión en pseudocódigo é a que manifesta un cálculo. Polo tanto, nas expresións están involucrados os datos de partida do cálculo, e os operadores ou funcións.
Operadores
Os operadores son os elementos que empregamos para construír as expresións a partir dos datos de entrada do algoritmo.
Operadores en PSeint
|
Operador |
Significado |
Relacionais |
|
| > | Maior que |
| < | Menor que |
| = | Igual que |
| >= | Maior ou igual que |
| <= | Menor ou igual que |
Lóxicos |
|
| & ou Y | conxunción (and ou y) |
| | ou O | Disxunción (or ou o) |
| ˜ ou NO | Negación (not ou non) |
Alxebraicos |
|
| + | Suma |
| - | Resta |
| * | Multiplicación |
| / | División |
| ^ | Potencia |
| % ou MON | Módulo (resto da división enteira) |
Precedencias
Ao traballar cos operadores debemos ter en conta a xerarquía dos mesmos: as Regras de Precedencia.
- Potencia (^)
- Multiplicación (*), división (/) e o resto da división MON (%)
- Sumas e restas (+), (-)
- Operadores relacionais
- Operador lóxico NOT (˜)
- Operador lóxico AND (&)
- Operador lóxico OR (| )
Esta orde de precedencia podémola alterar empregando os parénteses ().
Delimitadores
Son elementos que axudan a confeccionar as expresións separando ou coutando os datos. Na seguinte táboa temos os fundamentais.
| DELIMITADOR | NOME | FUNCIÓN |
| " | Comiñas | Para introducir constantes alfanuméricas |
| ' | Apóstrofo | O mesmo que as comiñas |
| ( ) | Paréntese | Couta unha subexpresión |
| , | Coma | Separa un conxunto de datos |
| Espazo | Separa palabras | |
| Salto de liña | Separa instrucións | |
| [ ] | Corchetes | Delimita un sub índice dun arranxo |
Exemplo
Vemos neste exemplo como sería o algoritmo da seguinte operación
![]()
O exemplo provén de:
Operacións Lóxicas
Os operadores lóxicos NOT (∼), AND (&) e OR (| ) operan as variables en función dos valores verdadeiro e falso. Así no operador NOT ou NO a variable toma o valor contrario, sendo verdadeiro se a variable é falsa e falso se a variable é verdadeira. O operador AND ou Y tomará resultados verdadeiros cando todas as variables coas que opera son verdadeiras, en caso contrario será falso. Por último o operador OR ou O tomará resultados verdadeiros cando algunha das variables é verdadeira, e só toma valor falso se as variables son falsas todas.
O que acabamos de ler represéntase habitualmente nas denominadas Táboas de Verdade:
AND (&)
C←A&B
| A | B | C |
| V | V | V |
| V | F | F |
| F | V | F |
| F | F | F |
OR (|)
C←A|B
| A | B | C |
| V | V | V |
| V | F | V |
| F | V | V |
| F | F | F |
NOT (∼)
B←∼A
| A | B |
| V | F |
| F | V |
Exemplo
Vamos a ver un exemplo do emprego de operadores lóxicos con datos numéricos.
Dados tres números, A=158, B=75, C=326 e D=15; determinar a veracidade das seguintes afirmacións:
- C é menor que A e D é menor que B. (variable E)
- C é menor que A ou D é menor que B. (variable F)
- O contrario do anterior. (variable G)
Licenciado baixo a Licenza Creative Commons Recoñecemento Compartir igual 4.0