3.2.3.- A aplicación PSeint
Moita xente do mundo da programación traballa directamente con pseudocódigo. Porén é moi útil a visión xeral que nos dá un diagrama de fluxo. O mellor é empregar ambas ferramentas, deseñando en diagrama o que pasamos despois a pseudocódigo ou ao revés.
Para traballar con pseudocódigo e diagramas en paralelo, podemos empregar algunha ferramenta específica. Xa vimos que existen moitas aplicacións para deseñar diagramas de fluxo. Non hai tanta variedade de ferramentas sinxelas que permitan o traballo con diagramas de fluxo e pseudocódigo en paralelo. Unha desas ferramentas, sinxela e de gran utilidade é PSeint.
Que é PSeint?

Para que serve PseInt?
PSeInt está deseñado para axudar na construción de algoritmos ou programas informáticos. O pseudocódigo adóitase utilizar como primeiro contacto para introducir conceptos básicos como o uso de estruturas de control, expresións, variables, etc., sen ter que xestionar as peculiaridades da sintaxe dunha linguaxe real.
Descarga do programa
O programa pode instalarse en Linux, Windows ou Mac OS. Descárgase na seguinte dirección:
Acceso á páxina de descarga de PSeint nunha nova ventá: http://pseint.sourceforge.net/?page=descargas.php
Neste vídeo explícase o proceso de descarga e instalación de PSeint en Windows
Para o sistema Ubuntu, a descarga e instalación explícase nestoutro vídeo:
Características fundamentais
Podemos ver as principais funcionalidades da aplicación directamente na súa páxina que incluímos a continuación:
Características de PSeint. (Da súa páxina web)
PSeint é un programa libre que se distribúe baixo licenza GNU GENERAL PUBLIC LICENSE v2.
PSeInt - copyleft 2003-2017 (por Pablo Novara - zaskar_84<arroba>yahoo.com.ar)
Licenciado baixo a Licenza Creative Commons Recoñecemento Compartir igual 4.0