Saltar la navegación

2.3 Exercicios interactivos

Pregunta Verdadeiro-Falso

Marca se son verdadeiras ou falsas as seguintes afirmacións:

Pregunta 1

Dous elementos son tanxentes cando teñen varios puntos en común, aos que se lles chama puntos de tanxencia. 

Sugerencia

As tanxencias poden producirse entre circunferencias e rectas, entre polígonos e rectas, entre dúas circunferencias, entre circunferencias e polígonos, etc.

Pregunta 2

Unha ligazón é a unión armónica de curvas con curvas ou con rectas. É a aplicación técnica das tanxencias.

Sugerencia

Repasa os contidos sobre ligazóns na unidade.

Pregunta 3

Diremos que dúas circunferencias son tanxentes se teñen un punto en común T e está aliñado cos centros das circunferencias.

Sugerencia

Coñecelas propiedades das tanxencias axudarache a resover facilmente os exercicios das mesmas.

Pregunta 4

Unha circunferencia é tanxente a dúas rectas que se cortan, se o centro da circunferencia está situado sobre a perpendicular  de unha das rectas.

Sugerencia

Coñecelas propiedades das tanxencias axudarache a resover facilmente os exercicios das mesmas.

Pregunta 5

Unha recta é tanxente a unha circunferencia cando teñen entre si un só punto en común, e a recta é perpendicular ao radio da circunferencia no punto de tanxencia (T)

Sugerencia

Coñecelas propiedades das tanxencias axudarache a resover facilmente os exercicios das mesmas.