Saltar la navegación

2.1 Tarefas

2.1.1 Elabora un listado gráfico de 10 obxetos, animais, plantas, etc... onde se atopen tanxencias coma as dos exemplos:
     

 
  Imaxes de dominio público. Rescatadas da Wikipiedia e Pixabay

 
2.1.2 Practica os exercicios de tanxencias e ligazóns no deseño e debuxo dun clip usando os intrumentos de debuxo técnico.

2.2.3 Aplicando tanxencias e ligazóns deseña paxaros ou unha árbore (podemos fixarnos no que pintou Klimt). Pode ser un proxecto mural para decoralo patio ou algún corredor ou espazo do centro.

2.2.4 Homenaxe a unha ánfora. Fai unha procura online, mediante aplicacións como google arts and culture artdroid, de información sobre estos obxetos da época dos romanos. Fíxate como as contornas amosan un montón de liñas e circunferencias ligadas con arcos. 
Logo podes deseñala tua propia ánfora usando a APP Let´s create Pottery, que che permite traballar cun torno virtual e incluso aplicar esmaltes e vidrados ás túas pezas. Logo podemos imprimilas e facer unha exposición na aula das nosas pezas.

https://www.xatakandroid.com/aplicaciones-android/let-s-create-pottery-conviertete-en-un-alfarero-y-crea-increibles-piezas-ceramicas-desde-tu-android


 Imaxes de dominio público recollidas da Wikipedia           

2.2.5 Creamos xogos  por equipos
   2.2.5.1 Deseñaremos e construiremos un taboleiro cun percorrido laberíntico por onde ten que circular un pequeno obxeto, bola, etc... Usaremos silicona, cartóns, acetatos,... por exemplo. Para o deseño podes usar algunha aplicación de creación de imaxes para a tablet ou móbil como Sketchbook. Logo imprimela e traballas sobre ela.  Aquí tes un exemplo:


    2.2.5.2 Deseñaremos tamén un "aparello-circuito" creado seguindo unha forma cerrada feita con curvas ligadas. Debe viaxar por el, facendo todo o percorrido, un disco. Trátase dun xoguete de habilidade onde o obxetivo é realizar todo o percorrido sen que o disco caia. Usaremos cartóns, CD´S, plásticos e materiais de refugallo, colas e siliconas.





 



















Exemplo xoguetes de moda: spinner