Saltar la navegación

2.2 Recursos para as tarefas


Skedio é unha ferramenta para o debuxo baseado en vectores, para tanto creación ou corrección de ilustracións da alta calidade. De sinxelo uso e bos resultado. Ofrece variadas ferramentas coas que crear de forma libre, formas xeométricas, liñas rectas e curvas, transformacións como rotación, escalamiento, desprazar, ou varios estilos de liña.

  Let´s Create! Pottery Lite

Let´s Create! Pottery Lite: é unha aplicación para o móbil onde facer obxectos de cerámica de forma fácil e divertida nun torno virtual. Podes crear obxectos de cerámica únicos e compartilos cos teus amigos. Bota a arxila na roda, libera todo o teu talento artístico e aproveita  todos os materiais dispoñibles para crear o teu propio deseño! Cando vidries e cozas a túa primeira vasixa sentiraste con ganas de saber e experimentar mais dentro deste mundo da cerámica. A olería é tamén unha manifestación artística coa cal expresarte e usada ó longo de todolos tempos.

Sketchbook: é unha aplicación de software de gráficos de trama para debuxar, tanto para os rápidos bosquexos conceptuais como para as ilustracións completamente acabadas. Dános acceso a múltiples ferramentas creativas, rápidas e precisas, plumillas, lapis, tintas, marcadores e máis de 190 pinceis personalizables que poden incorporar unha chea de trazos e texturas diferentes.Tamén podes usar regras tradicionais e guías de elipse para obter liñas precisas, ou acepta a axuda do asistente con simetría radial de 16 sectores e trazos predictivos que suavizan as liñas e corrixen as figuras. Ademas podes engadir textos ou imagenes, borrar con facilidade e traballar con capas. É unha APP fácil, intuitiva e gratis para traballar coa túa tablet ou móbil.

Mongge: é un editor online de Debuxo Técnico deseñado para facilitar o estudo e a difusión de problemas xeométricos orientados a Educación Secundaria e Bacharelato. En Mongge, reprodúcense as técnicas de debuxo en papel, con regra e compás, e, ao mesmo tempo, aprovéitanse todas as facilidades que achega o computador para axilizar os procesos mecánicos de debuxo e centrarse na resolución de problemas xeométricos. Os exercicios creados con Mongge pódense resolver online pero se o prefires tamén poderás imprimilos e resolvelos en papel. As solucións aos exercicios móstranse como unha película animada. Isto permite examinar paso a paso o proceso de resolución dos problemas expostos e así facilitar a explicación, análise e avaliación dos exercicios.
Hai máis de 30.000 exercicios de Debuxo Técnico. Todos foron creados e publicados polos seus usuarios e serven a diario no seu traballo a miles de persoas.
Ver as solucións pode ser entretido, interesante e pódeche axudar a resolver as túas dúbidas máis rápido, pero recomendámosche que tentes resolver os exercicios antes de reproducilas, é a mellor forma de sacarlle partido ao teu traballo.