Nesta unidade plantéxanse 4 tarefas materiais e dixitais, coas que poderás coñecer e experimentar con distintas técnicas gráfico-plásticas. O coñecemento das mesmas pódeche axudar e servir en calquera momento do curso, pois son moi útiles para o desenvolvemento de moitas das tarefas.
No apartado 2.2 suxírense varias APPs que che axudarán a lograr bos resultados e a realizar algunhas das tarefas. Ademáis podes traballar con algunha outra que xa coñezas ou atopes e che pareza interesante. Xa sabes que Internet ofrece moitísima axuda se a usamos con cabeza.