Saltar la navegación

2.2. Recursos e materiais para as tarefas

App artflow

ArtFlow e unha aplicación para o móvil (android) que funciona como un caderno de debuxo dixital. Con máis de oitenta pinceis diferentes os que ademais podes modificarlle o tamaño, o fluxo, etcétera.
Además de moitos pinceis, ArtFlow  ten un montón de ferramentas, podes  traballar  con capas, podendo alterar a opacidade de cada una de elas de forma individual. Tamén poderemos usar máscaras, ferramentas de coloreo, figuras xeométricas, ...

PhotoshopSketch

Photoshop Sketch é unha aplicación para o dispositivo móvil android e apple, que che permite crear debuxos expresivos en calquera lugar con ferramentas de debuxo naturais como lapis, bolígrafos, rotuladores e pinceis para acuarela para conseguir todas as texturas e efectos de mestura que conseguirías nun papel.

 

picsart

PicsArt é unha aplicación para android para a edición de imaxes Ademais de permitir editar as fotografías a través das distintas ferramentas que incorpora, PicsArt tamén ofrece a posibilidade de realizar colaxes e fotomontaxes de maneira sinxela. Para esta última opción, haberá que recorrer á utilidade que os creadores da app denominan como Photo Remix, e que permite combinar varias fotografías, así como utilizar filtros ou stickers predefinidos.

 

sketchbook

Sketchbook é unha aplicación de software de gráficos de trama para debuxar, tanto para os rápidos bosquexos conceptuais como para as ilustracións completamente acabadas. Dános acceso a múltiples ferramentas creativas, rápidas e precisas, plumillas, lapis, tintas, marcadores e máis de 190 pinceis personalizables que poden incorporar unha chea de trazos e texturas diferentes.

Tamén podes usar regras tradicionais e guías de elipse para obter liñas precisas, ou acepta a axuda do asistente con simetría radial de 16 sectores e trazos predictivos que suavizan as liñas e corrixen as figuras. Ademas podes engadir textos ou imagenes, borrar con facilidade e traballar con capas. É unha APP fácil, intuitiva e gratis para traballar coa túa tablet ou móbil.

  

graffiticreator

Graffiti Creator permíteche deseñar o teu propio nome ou logotipo co estilo do grafiti. Tes unha chea de diferentes estilos, fontes, cores, sombreados, etc... para elixir, e o programa ten unha serie de ferramentas xeniais para mellorar aínda máis o teu logotipo para que se vexa realista. Próbao e explora as súas posibilidades!