Saltar la navegación

1. Contidos

Na investigación plástica é necesario a experimentación directa cos materiais instrumentos e técnicas,  saber como de usan e coñecelas súas posibilidades, para chegar a uns resultados desexados. Dominalas distintas técnicas e materiais proporciona ó alumno unha linguaxe propia de expresión e comunicación na produción de obras. Polo tanto alcanzar unha boa destreza e dominio das diversas técnicas será unha boa ferramenta de desenvolvemento e expresión gráfico-plástica tanto para futuros proxectos artísticos como para a súa vida cotiá, e axuda a manter un sentido critico de cara ao traballo persoal e alleo.

As técnicas son os procedementos ou formas de usalos materiais, e os materiais son as ferramentas coas que debuxamos, pintamos e nos expresamos.

Coñecelas súas características, a forma de uso e manexo é  imprescindible.

Existen moitas técnicas e materiais tradicionais ós que se lle foron incorporando novas técnicas, sobretodo, aportadas polas novas tecnoloxías.

A rica diversidade de materiais proporciona infinitas posibilidades, e ademáis, pódense mesturar entre elas.

Entre as técnicas tradicionais podemos diferenciar dous grandes grupos: as técnicas secas e as húmidas.


TÉCNICAS SECAS

As técnicas secas preséntanse en forma de lapis ou barra e aplícanse directamente sobre o soporte, que gracias a súa textura mantén os pigmentos. Aínda que é necesario aplicar un fixativo ó final, senón acabaran borrándose.

Pódense atopar forradas de madeira ou en forma de barra.

Aínda que cada unha presenta as súas particularidades propias que fan que se axeiten mais a uns traballos ou outros, acostuman a utilizarse de forma similar.

Son técnicas moi versátiles, coas que acadamos liñas, texturas, difuminados, superposicións, etc... Están indicadas para o traballo en escalas tonais e permitennos acadar debuxos moi detallados.

Como apoio a estas técnicas podemos usalo difumino. É un instrumento feito de papel enrolado con punta fina que serve para difuminar e suavizar certas partes do debuxo. Hai distintos tamaños, o que permite realizar traballos moi precisos.


      

Lapis de grafito.  É o instrumento de debuxo máis común, creado polo francés Conté
a finais doséculo 18. Caracterízase por ter diferentes graos de dureza,sendo os de maior
dureza máis indicados para odebuxo técnico e os máis brandos para o artístico, xa que
ofrecen maior variedade de trazos e tonalidades
Carbón. Trátase dunha barra de madeira carbonizada. Permite facer tanto trazos finos como grandes manchas, que poden ser máis ou menos escuras en función da presión que se exerza. Fíxase lixeiramente ó papel, polo que é sinxelo borrar.  Cómpre usar goma especial pois engraxalo papel pode provocar manchas indesexadas
Barra composta. Sanguina (alaranxada), sepia (pardo), negra, branca e gris son as máis usadas.  É unha mestura de pigmento natural e aglutinante que permite diversos tipos de trazos.  Úsanse para debuxos monocromáticos, obtemos distintas tonalidades se a aplicamos con máis ou menos presión ou difuminamos.
Lápiz Conté. Ó igual que a barra composta, componse de pigmento mesturado cun aglutinante e ten varias durezas. A diferenza é que está recuberto dunha estrutura de madeira como un lapis. É unha técnica que facilita os traballos de precisión e detalle. Os pigmentos son naturais coma o carbón vexetal, óxido de ferro, …
Pasteis. Trátase de barras compostas de pigmentos de cores e goma arábiga. Permite facer trazos finos ou manchas sobre o papel. É unha técnica a base de po, de cores puros e brillantes, que admite mesturas, superposición ou difuminado pero imprescindible fixar ó rematar para evitar que se borre.
Lapis de cores. Son lapis compostos por pigmentos de cores e un aglutinante, similares ós de grafito, coa diferencia de que permiten debuxar cunha gran variedade de tonalidades. A súa aplicación é sinxela, e permite a superposición, ou facer gradacións e texturas. Hai distintos grosores, calidades e durezas.

TÉCNICAS HÚMIDAS

As técnicas húmidas son aquelas que, para a súa aplicación, precisamos diluílas nun medio, que pode ser auga ou aceite. Preséntanse en pastilla ou tubo. Éstas ofrecen cores intensas e posibilidades de texturas. Precisan dun bo dominio dos instrumentos habituais de uso, como son os pinceis, plumillas, espátulas,...

 

Rotuladores. Inventado polo xaponés Yukio Hoire, a mediados do século 20, nace para satisfacelas necesidades dos artistas gráficos. É un instrumento de punta de feltro que contén tintas de cores, e que produce trazos moi definidos. Non se pode borrar e é difícil de mesturar. O branco obtémolo do papel.

Estilógrafo. É unha ferramenta usada principalmente para o debuxo técnico. Ten un depósito que leva tinta e unha punta metálica con distintos grosores. Permite trazos moi finos, uniformes e de gran limpeza e precisión. Úsase tamén nos traballos artísticos no canto da tinta e a plumilla.

Acuarelas. É unha mestura seca de pigmentos e aglutinante, para a súa aplicación e imprescindible diluír en auga. É unha técnica semitransparente, que se traballa por capas e que esixe moito control. O branco do papel, a súa textura e o gramaxe son elementos moi importantes.

Tinta. O uso da tinta comezou en Exipto e China fai mais de 4000 anos. A máis coñecida e a tinta china ou indeleble. É dunha cor negra intensa e acabado brillante. Mesturada con auga obtense unha ampla gama de grises. Os intrumentos que a complementan son a pluma estilografica a plumilla e o pincel.

Témpera. Tamén coñecida como gouache, onde o medio é a auga e o aglutinante pode ser, entre outras, graxa ou glicerina. É opaca e homoxénea, ademáis as cores pódense mesturar e superpoñer. Débese ter precaución ó superpoñer capas, pois por diluírse con facilidade  mestúranse  as cores das distintas capas.

Acrilica. E unha técnica camaleonica, podese acadar o efecto da acuarela, da tempera ou do oleo. O aglutinante é o que lle aporta as principais características, resistente, adhesiva, rapidez de sacado, corpo, solidez, durabilidade e transparencia se se dilue con auga.

Óleos. Os úsase trementina ou linaza. É unha pintura espesa e dura que se desliza moi fácilmente grazas á súa condición graxa. Ademáis tarda moito en secar. Permite usar escalas tonais para dar volume e imitar materiais como metal ou cristal.pigmentos están mesturados cun aglutinante composto por aceites. Para diluílo

 Nesta presentación podes ver exemplos de artistas coñecidos que traballaron coas distintas técnicas, pastel, carbón, óleo, acuarela,...



Ademáis destas técnicas que vimos, hay outras tamén moi usadas por artistas ó longo da historia. Ás que tamén se lle unen as técnicas que sorxen na actualidade grazas ás novas tecnoloxías. Imos ver algunhas:

 

O COLAXE 

Artistas como  Picasso, Juan Gris, Duchamp ou Tápies, traballaron con esta disciplina nun intento de romper coa pintura tradicional engadindo ós lenzos elementos externos que aportan valores como corporeidade ou textura. Úsase o papel ou outros materiais como complemento ó material pictórico para conseguir planos, formas e cores, para elo recórtase e pégase dunha maneira determinada calquer tipo de papel ou material, madeira, cartón, plástico ou materia viva.


 

O GRAVADO E ESTAMPACIÓN


O gravado é unha técnica que consiste en realizar entalladuras ocas nunha plancha de materiais como madeira, linóleo, metal,..., cunha ferramenta ou un ácido. A plancha entintarase, limparase e estamparase ao papel por presión con axuda dunha prensa ou tórculo. Esta técnica recoñecese pola pegada que deixa sobre o papel a presión exercida durante o proceso de estampado. Ofrece a posibilidade de facer tiradas de varias estampas iguais. Segundo os materiais utilizados,  coñecemos a augatinta, augaforte, xilografía, litografía e linóleo entre outras técnicas.



Gravado de Hokusai. Rescatado da Wikipedia

                                                                                                 Gravado de Goya.

 Rescatado da Wikipedia.

A FOTOGRAFÍA

Esta técnica consiste en capturar imaxes utilizando a acción da luz, ben por medio do fixado nun medio sensible á luz ou pola conversión en sinais electrónicos. Baseándose no principio da cámara escura, proxéctase unha imaxe captada por un pequeno buraco sobre unha superficie. Para capturar e gardar esta imaxe, as cámaras fotográficas utilizan unha película sensible para a fotografía analóxica, mentres que na fotografía dixital empréganse memorias dixitais. Considérase fotografía artística cando o autor crea a súa obra co fin de transmitir ideas, sentimentos, sensacións, emocións...

 O violín de Ingres. Man Ray. Imaxe rescatada da Wikiart

 

O GRAFITI

É un debuxo que se realiza nun lugar público, do exterior polo xeral sen autorización. Utilízase polo xeral pintura en aerosol, pola súa condición de rapidez de uso e secado. Os grafitis poden ser manifestacións artísticas, expresións ideolóxicas ou simplemente firmas. Existen distintas maneiras de entender o fenómeno dos grafitis segundo as súas características. O habitual é considerar que se trata dun feito de vandalismo, xa que se plasman en espazos públicos ou mesmo en propiedades privadas. Poden aparecer en muros, vagóns de tren ou mesmo algún monumento. En moitos casos este feito supón un dano. Doutra banda, hai persoas e institucións que ceden paredes a artistas nas que poden crear grafitis. Isto é unha maneira de embelecer o espazo público a través da arte urbano.

Imaxes de dominio público. Rescatadas da Wikimedia

O VIDEOARTE

Trátase dun movemento que comezou a desenvolverse na década de 1960 e está vinculado á intención de achar unha aplicación artística ou estética dos medios de comunicación. Consiste en crear manifestacións artísticas mediante sons e imaxes en movemento. A diferenza do cinema, o videoarte pode non ter narración. Isto quere dicir que o videoarte non se propón contar unha historia, senón transmitir un concepto, un sentimento ou xerar sensacións. Pode contar ou non con diálogos, actores, usar gravacións, apostar pola improvisación ou basearse en efectos dixitais. Numerosos son os artistas que conseguiron converterse nun auténtico referente dentro do videoarte. En concreto, entre os máis significativos podemos destacar a Jordi Colomer, Bruce Nauman, William Wegman, Colin Campbell e Chantal Akerman.