Saltar la navegación

2.1. Tarefas

2.1.1 Realizar un caderno teórico-práctico de artista cun estudo-investigación de técnicas gráfico-plásticas. Investigar con 20 técnicas diferentes, propoñer tamén algún material que non sexa usualmente usada para a expresión plástica (café, pimentón, flores,... deixa voar a imaxinación).

Podemos poñer como tema de traballo o autoretrato. Traballar coa propia imaxe é unha tarefa motivadora e enriquecedora. Dibuxándose coñécense mellor a sí mesmos. Deberán analizalas súas formas, plasmalas nos seus debuxos, e logo recoñecerse. Ademáis para profundizar poden tentar plasmar características do seu carácter e personalidade.  Como co resto de tarefas deben estar satisfeitos do resultado para que resulte una experiencia enriquecedora. Para iso, se é necesario poderase partir da imaxe calcada para que o parecido sexa alto ou pódese tamén traballar cun avatar, sintetizando os detalles pero captando e trasmitindo a imaxe e personalidade do autor. Desta maneira tamén aprenden que o grao de realismo dunha imaxe non afecta á sua calidade.

Desta maneira tamén aprenden que o grao de realismo dunha imaxe non afecta á sua calidade.

 .

.

Artistas que aparecen no video: Van Gogh, Gabriele Munter, Lucian Freud, Charley Toorop, Richard Gerstl, Gauguin, Pisarro, Modigliani, Oscar Kokoschka, Tapies, Max Beckmann, Frida Kahlo, Goya, O Greco, Velázquez, Cindy Sherman, Tamara de Lempicka, Gustav Klimt, Diego Rivera, Artemisia Gentileschi, Gauguin, Vermeer, Mary Casatt, Munch, Lee Krasner, Georgia O´Keefe, Schiele, Mondrian, Rubens, Salvador Dalí e Andy Warhol.


2.1.2 Experimentar con algunha APP de creación de imaxes como Artflow ou Sketchbook. Elaborar varias imaxes dixitais de distintas técnicas, que complementen a tarefa 2.1.2.

2.1.3 Facer unha práctica da técnica do gravado onde tamén traballaremolo autorretrato. Faremos unha pequena plancha de linóleo para logo estampala varias veces, poderemos experimentar pequenas modificacións como reservas, cambios de cores, usar distintos soportes...

Exemplo de gravado tomado da Wikipedia


O gravado ao linóleo é unha variante da xilografía, coa diferenza que a prancha é de linóleo. É un material brando e de densidade uniforme, que permite ser tallado en todas direccións. As ferramentas usadas son coitelas e gubias. Ao ser un material fácil de traballar a talla debe realizarse con precaución para non baleirar en exceso o ferro, pois os erros son difíciles de rectificar . Sobre a plancha realízase o debuxo a lapis ou a través dun calco. É importante saber que o gravado sairá investido, por iso pasarase a imaxe investida á prancha. a zona que se baleirou coa gubia, sairá sen tinta e a zona que se deixe sen gravar sairá entintada. Para realizalo entintado aplícase a tinta sobre o ferro cun rodete de caucho, pódese usar tinta de imprenta ou óleo. A tinta esténdese previamente sobre un cristal ou acetato, debemos batela ben sobre o cristal para conseguir uniformidade. O rodete non debe estar cargado de moita tinta, podemos descargalo nalgunha zona limpa de cristal.  O proceso de estampaxe adoitamos realizalo a man ou con tórculo, para iso colócase a prancha sobre un acetato, no cal realizamos dous rexistros cun rotulador. un corresponde á medida do ferro e outro ao tamaño do papel, que debe ser un pouco máis grande que a superficie total do linóleo, así as copias sempre sairán centradas. Seguidamente colócase o papel, que debe estar algo humedecido, e pásase polo tórculo. ao rematar levantaremolo papel con coidado e deixamolosecar. Volvendo repetir todo o proceso podemos sacar sucesivas copias. 

Traballo con gubias soble plancha de linóleo e tórculo. Imaxes de dominio público rescatadas da Wikipedia

2.1.4 Realiza un grafiti. Busca algunha APP como Graffiti Creator, que che axude a facer grafitis co teu nome ou apodo e que servirá como portada ó teu caderno de investigación. Unha vez que o remates só terás que imprimilo e listo!