7.- Avaliación da secuencia didáctica
Nesta secuencia didáctica aprenderemos:
O signficado da conmemoración e por que eliximos este día.Un percorrido histórico e contextualización.Concepto de saúde e enfermidade.Que é a Organización Mundial da Saúde (OMS)Principais campañas do Día Mundial da Saúde.Campañas oficiais en todo o mundo da OMS.Como manter hábitos saudables. |
En moitas actividades están sinalados os criterios de avaliación, instrumentos e incluso rúbricas creadas ah hoc.
Neste apartado algunha suxestión de como realizar unha avaliación global da secuencia:
- No caderno de traballo:
Hai dous tipos de actividades:
a) Unhas son interactivas que se poden avaliar de xeito inmediato e teñen o propósito de servir de motivación e relacionar conceptos traballados. Clicando no botón de informes do menú superior podedes ver a calificación de este grupo de actividades;
b) Outras son propostas de traballo colaborativo ou cooperativo e se avaliarín coa rúbrica do traballo grupal.
- Na proposta de traballo cooperativo:
A avaliación da actividade farase en base á rúbrica:
- Para a avaliación da webquest propoñemos esta outra rúbrica:
Para avaliar o traballo, fixarémonos nos seguintes aspectos:
- Utilización dos recursos da rede.
- Exposición clara das ideas que se queren comunicar.
- Utilización correcta da lingua galega.
- Viabilidade e importancia dos contraargumentos utilizados
- Funcionamento e relación entre os catro membros do grupo.
- Composición e estética do produto creado.
Rúbrica:
CATEGORIA |
4 puntos |
3 puntos |
2 puntos |
1 punto |
|
Contido e precisión |
Os argumentos utilizados son claros e axeitados. |
90-99% dos argumentos utilizados son claros e axeitados. |
80-89% dos argumentos utilizados son claros e axeitados. |
Menos do 80% dos argumentos utilizados son claros e axeitados. |
Escritura-Gramática |
Non hai erros gramaticais no texto do traballo. |
Non hai erros gramaticais no texto dos traballos despois da revisión por parte do mestre. |
Hai 1-2 erros gramaticais no texto do traballo aínda despois da revisión por parte do mestre. |
Hai 3 ou máis erros gramaticais no texto do traballo aínda despois da revisión por parte do mestre |
Coñecemento gañado |
Todos os alumnos do grupo poden argumentar contra as teorías dos antivacinas e o proceso técnico usado para crear o documento elaborado. |
Todos os alumnos do grupo poden argumentar contra a maoiría das teorías dos antivacinas e o proceso técnico usado para crear o documento elaborado. |
Só algúns alumnos do grupo poden argumentar contra as teorías dos antivacinas e o proceso técnico usado para crear o documento elaborado. |
Varios alumnos do grupo parecen ter pouco coñecemento para poder argumentar contra as teorías dos antivacinas e o proceso técnico usado para crear o documento elaborado. |
Gráficos |
Os gráficos van ben co texto e hai unha boa combinación de texto e gráficos. |
Os gráficos van ben co texto, pero hai moitos que se desvían do mesmo. |
Os gráficos van ben co título, pero hai moi poucos e o documento fina parece ter un "texto pesado" para ler. |
Os gráficos non van co texto, e aparentan ter sido escollidos sen ningún orden. |
Atractivo |
O produto final é excepcionalmente atractivo en termos de deseño, distribución e orden. |
O produto final é atractivo en termos de deseño, distribución e orden. |
O produto final é relativamente atractivo aínda que pode estar un pouco desordenado. |
O produto final está bastante desordenado ou está moi mal deseñado. Non é nada atractivo. |
Uso do tempo de clase |
Usou ben o tempo durante cada periodo de clase. Puxo énfase en realizar o traballo e nunca fixo perder o tempo a outros. |
Usou ben o tempo durante cada periodo de clase. En xeral, puxo énfase en realizar o traballo e nunca fixo perder o tempo a outros. |
Houbo certo énfase en realizar o traballo, pero ocasionalmente distraía a outros. |
Non usou o tempo de clase para realizar o traballo ou distraía con frecuencia a outros. |
Esta rúbrica está inspirada libremente na ferramenta web Rubistar.
- A actividade de ampliación e motivación (Escape Game)
Avalíase de forma inmediata cando cada un dos grupos resposta correctamente as preguntas dos catro retos. Con estes retos farán a tarefa final que consiste en escribir o número secreto que lles servirá para chegar á pantalla final onde lles dan os parabéns. Esa imaxe é a proba de que superaron o Escape Game.
Licenciado baixo a Licenza Creative Commons Recoñecemento Non-comercial Compartir igual 4.0