3.- "A Expedición Balmis" (proposta de traballo cooperativo)
A Expedición Balmis
En grupos de 4 membros tedes que elaborar unha animación coa ferramenta gratuita online Voki. Con Voki deseñaredes o voso propio personaxe escollendo todos os elementos do seu aspecto corporal, engadindo fondos, sons ou textos.
Os posibles protagonistas son:
- Un dos 22 nenos orfos que formaba parte da expedición. Escollede o nome dun deles e contade en primeira persoa os obxectivos e como transcurreu a expedición. Que impresións tiveron, como se sentiron, como os trataron os membros da expedición...
- O doutor Francisco Javier Balmis.
- A enfermeira Isabel zendal.
Teredes que elaborar un guión previo para gravar a audición. Existe a posibilidade de usar o robot da aplicación que lería o texto en galego pero non soaría tan natural..
Información sobre a expedición:
Real Expedición Filantrópica da Vacina.
Video de Bioclip: "A expedición Balmis e a vitoria da vacinación". (Xacobo de Toro)
Video: "Deseño da Real Expedición Filantrópica da vacina (Actividade de aula)".
Isabel Zendal e a expediciónn Balmis.
Balmis, a lexendaria expedición coruñesa que salvou a un millón de persoas.
Nota para os docentes
Rúbrica para avaliar as tarefas de realización grupal:
Licenciado baixo a Licenza Creative Commons Recoñecemento Non-comercial Compartir igual 4.0