4.- Webquest: "Na defensa das vacinas"
Webquest "Na defensa das vacinas"
Introducción
Unha vacina é calquera preparación cuxa función é xerar a inmunidade do corpo contra unha determinada enfermidade, estimulándoa a producir anticorpos que despois actuarán para protexela contra futuras infeccións.
As vacinas son medicamentos moi eficaces e seguros. Ningún avance da medicina conseguiu salvar tantas vidas como as vacinas, grazas a elas as enfermidades que se percibían como ameazas deixan de existir ou diminúen drasticamente.
Dende o seu descubrimento, as vacinas foron, xunto coa depuración de auga, a medida de prevención que trouxo máis beneficios á humanidade. As enfermidades que antes eran epidémicas e que provocaron unha gran mortalidade están agora erradicadas en todo o mundo (varíola), case erradicadas (poliomielite ou sarampelo) ou controladas (hepatite B, tétano, difteria, meninxite meninocócica ou tose ferina).
Nembargantes, nos últimos tempos, medrou un perigoso movemento antivacinas, alegando -entre outras razóns- que administrar ao corpo tanta vacina debilitaría ao sistema inmunitario facéndoos máis susceptibles a futuras infeccións, tamén alegan que as vacinas conteñen produtos químicos perigosos, que causan alerxias, e incluso que provocan autismo.
Nesta webquest deberedes desmontar todos estos faltos mitos.
Tarefa
En grupo deberedes desmontar as falsas afirmacións do movemento antivacinas. A desinformación é unha arma perigosa. Hai medios de comunicación que se fan eco de estas teorías sen ningún tipo de base científica.
Consiste, polo tanto, nunha tarefa de persuasión consistente en desenvolver un argumentario convincente baseado no aprendido. Como calquera tarefa de persuasión podedes incluír a presentación ficticia ante un auditorio indeterminado; escribir unha carta, editorial ou informe de prensa; producir un póster ou vídeo deseñado especialmente para influír nas opinións.
Será o propio grupo quen determine o formato do produto final:
- Unha presentación (mellor en formato dixital pola facilidade de compartir e poder chegar a un maior público).
- Unha carta, editorial ou informe de prensa para publicar na revista do centro, nun xornal local, nun blog...
- Un video deseñado para influir nas opinións.
Proceso
Cada "equipo" estará formada por catro membros que se repartirán estos roles:
-Coordinador/a: É quen define os obxectivos do grupo e coordina a toma de decisións. Tamén chamado líder ou responsable. Transmite seguridade, confianza e cohesión ao grupo.
- Investigador/a: O estudio das fontes son a súa principal fortaleza: estudos, análises,..., etc. Parte da súa función é extraer información que aplicará ao proceso actual. Soe ser un bo comunicador e un excelente analista das situacións.
- Creativo/a: persona chea de ideas e é quen de aportar suxestións e opinións. É imaxinativo, innovador e curioso.
- Deseñador/a: é o encargado de integrar o material elaborado ao formato do produto final elexido.
Cada un exercerá o seu rol pero todas as propostas serán debatidas internamente entre os catro membros do grupo para poder elixir o formato máis axeitado e a realización da proposta.
Recursos
- Como desmontar os argumentos antivacinas (Revista Muy Interesante)
- Artigo Galipedia sobre as vacinas.
- Vacinas: que son, como actúan e a súa importancia.
- A importancia das vacinas (Rioja Salud).
Servizos web para realizar presentacións:
Avaliación
Para avaliar o traballo, fixarémonos nos seguintes aspectos:
- Utilización dos recursos da rede.
- Exposición clara das ideas que se queren comunicar.
- Utilización correcta da lingua galega.
- Viabilidade e importancia dos contraargumentos utilizados.
- Funcionamento e relación entre os catro membros do grupo.
- Composición e estética da do produto creado.
Rúbrica:
|
CATEGORIA |
4 puntos |
3 puntos |
2 puntos |
1 punto |
Contido e precisión |
Os argumentos utilizados son claros e axeitados. |
90-99% dos argumentos utilizados son claros e axeitados. |
80-89% dos argumentos utilizados son claros e axeitados. |
Menos do 80% dos argumentos utilizados son claros e axeitados. |
Escritura-Gramática |
Non hai erros gramaticais no texto do traballo. |
Non hai erros gramaticais no texto dos traballos despois da revisión por parte do mestre. |
Hai 1-2 erros gramaticais no texto do traballo aínda despois da revisión por parte do mestre. |
Hai 3 ou máis erros gramaticais no texto do traballo aínda despois da revisión por parte do mestre |
Coñecemento gañado |
Todos os alumnos do grupo poden argumentar contra as teorías dos antivacinas e o proceso técnico usado para crear o documento elaborado. |
Todos os alumnos do grupo poden argumentar contra a maoiría das teorías dos antivacinas e o proceso técnico usado para crear o documento elaborado. |
Só algúns alumnos do grupo poden argumentar contra as teorías dos antivacinas e o proceso técnico usado para crear o documento elaborado. |
Varios alumnos do grupo parecen ter pouco coñecemento para poder argumentar contra as teorías dos antivacinas e o proceso técnico usado para crear o documento elaborado. |
Gráficos |
Os gráficos van ben co texto e hai unha boa combinación de texto e gráficos. |
Os gráficos van ben co texto, pero hai moitos que se desvían do mesmo. |
Os gráficos van ben co título, pero hai moi poucos e o documento fina parece ter un "texto pesado" para ler. |
Os gráficos non van co texto, e aparentan ter sido escollidos sen ningún orden. |
Atractivo |
O produto final é excepcionalmente atractivo en termos de deseño, distribución e orden. |
O produto final é atractivo en termos de deseño, distribución e orden. |
O produto final é relativamente atractivo aínda que pode estar un pouco desordenado. |
O produto final é bastante desordenado ou está moi mal deseñado. Non é nada atractivo. |
Uso do tempo de clase |
Usou ben o tempo durante cada periodo de clase. Puxo énfase en realizar o traballo e nunca fixo perder o tempo a outros. |
Usou ben o tempo durante cada periodo de clase. En xeral, puxo énfase en realizar o traballo e nunca fixo perder o tempo a outros. |
Houbo certo énfase en realizar o traballo, pero ocasionalmente distraía a outros. |
Non usou o tempo de clase para realizar o traballo ou distraía con frecuencia a outros. |
Esta rúbrica está inspirada libremente na ferramenta web Rubistar.
Conclusións
- As vacinas son as mediciñas que máis vidas teñen salvado.
- Os argumentos dos grupos antivacinas non se sosteñen científicamente e debemos desmontalos.
- Aínda que é certo que as vaciñas teñen efectos secundarios, os beneficios son inmensamente superiores que os perxuizos.
- A nivel mundial, a inmunización evita máis de seis millóns de mortes ao ano.
- Os movementos antivacinas son perigosos non só para a vida dos seus fillos senón tamén para a poboación de todo o mundo.
Licenciado baixo a Licenza Creative Commons Recoñecemento Non-comercial Compartir igual 4.0