Saltar navegación

Exercicios de estadística 2

1.-Os prezos dunha mesma aspiradora, en euros, en 12 tendas distintas son: 158, 163, 158, 167, 158, 163, 167, 158, 163, 158, 163,167

a) Completa a táboa de frecuencias                                   

b) Representa as frecuencias (fi) nun diagrama de sectores

c) Cal é a moda? Explícao.

d) Calcula a mediana

e) Calcula a media.

2.-Os prezos, en euros, dunha mesma torradora en doce tendas distintas son:26, 20, 29, 26, 25, 26, 20, 25, 26, 29, 20, 26.

a) Fai a táboa de frecuencias

b) Cal é a moda? (xustifíqueo).

c) Calcula a mediana.

d) Calcula a media.

3.- A un grupo de alumnos de ESO MÓDULO IV pregúntaselle cantas horas dedican ao estudo durante a fin de semana. Os resultados están no seguinte histograma de frecuencias absolutas.

Á vista do histograma ,contesta:

 

BY-NC.SA