1.- Di, en cada caso, cal é a poboación e cal a variable que se quere estudar. Especifica se é unha variable cualitativa ou cuantitativa, determinando, neste último caso, se é discreta ou continua:
a) Tempo dedicado ás tarefas domésticas polos homes e as mulleres que traballan fóra do fogar.
b) Estudos que queren facer as alumnas e os alumnos dun centro escolar ao rematar a ESO.
c) Intención do voto nunhas eleccións autonómicas.
d) Horas que dedican a ver televisión os estudantes da ESO en España.
e) Número de aparatos de radio que hai nos fogares españois.
|
POBOACIÓN |
VARIABLE |
TIPO DE VARIABLE |
a) |
Homes e mulleres |
Horas dedicadas ás tarefas domésticas |
Cuantitativa continua |
b) |
Alumnos dun centro escolar |
Tipos de estudos |
Cualitativa |
c) |
Posibles votantes |
Tipo de voto |
Cualitativa |
d) |
Estudantes da ESO |
Horas dedicadas a ver a televisión |
Cuantitativa continua |
e) |
Familias españolas |
Número de aparatos de radio |
Cuantitativa discreta |