1. Que enerxía cinética ten un coche que circula a 100 km/h?
Exercicios de enerxías
2. Cal é a enerxía potencial dun home de 76 kg a 65 m de altura?
3. Unha grúa eleva unha carga de 350 kg. A que altura debe subir para que adquira unha enerxía potencial de 200000J?
4. Unha muller de 58 kg corre a unha velocidade de 7 m/s. A que altura sobre o suelo a súa enerxía potencial é igual que a cinética?
5. Atopa a masa dun coche que vai por unha autoestrada a unha velocidade constante de 108 km/h sabendo que a súa enerxía a dita velocidade é de 675 kJ. Nun momento, a súa enerxía cae ata 468,75 kJ. Que velocidade leva en dito momento?
6. Nun determinado momento unha aguia voa a unha altura de 80 m cunha velocidade de 32,4 km/h. En dito momento ten unha enerxía mecánica de 3298J. Cal é a súa masa?
7. A que altura debe estar elevado un costal de 50 kg para que a súa enerxía potencial sexa de 34354 J?
8. Unha maceta cae dun balcón a unha velocidade de 9,81 m/s adquirindo unha enerxía cinética de 324 J. Cal é a súa masa?
9. A enerxía potencial dunha pelota de golf cando é golpeada é de 54,68J. Cal será a súa masa se acada unha altura de 28 m?
10. Calcula a enerxía mecánica dun cochiño de 2 kg que roda por riba dunha mesa a 1 m/s e a 1 m de altura
11. Demostrar, aplicando o teorema de conservación da enerxía mecánica, que si lanzamos un corpo A verticalmente hacia arriba cunha velocidade triple que outro B, coa mesma masa, a altura acadada é 9 veces a de B.
12. Un corpo de 1250 kg cae dende 50 m. Con que enerxía cinética chega a terra?
612500J
13. Un corpo de 1,5 kg de masa cae dende 60 m. Determinar a enerxía potencial e cinética aos 50 m de altitude.
735 J e 147 J
14. Un paquete de 2 kg é subido dende o suelo ata unha estantería de 2 m de altura. Calcula o aumento de enerxía potencial.
39,2 J
BY-NC.SA