Saltar navegación

Números enteiros

NÚMEROS ENTEIROS

Como as cargas poden ser positivas e negativas e para calcular a carga neta hai que sumalas, imos ver que son os números enteiros e como operar con eles.

Os números enteiros comprenden:

Os números enteiros positivos: +1, +2, +3, +4...

Os números enteiros negativos: -1, -2, -3, -4...

O cero

O conxunto de tódolos números enteiros represéntase coa letra Z.

O valor absoluto dun número enteiro a, IaI, representa a súa distancia ó cero i é igual ó número natural  que se obtén ó eliminar o signo.

O opsto dun número enteiro a, op(a), é outro número enteiro co mesmo valor absoluto e signo contrario.

EXERCICIO NÚMEROS ENTEIROS

Asocia un número enteiro a cada situación:

a) Un avión voa a unha altura de 6500 m.

b) O garaxe está no segundo sótano.

c) Ingresaron no banco 1200 €.

d) O submariño está a 1520 m de profundidade.

Lista desordenada

Ordea de maior a menor os números:

  • 54
  • 13
  • -12
  • -21
  • -25
  • -36

Comprobar

Correcto!

Síntoo... a resposta correcta é:

SUMAS E RESTAS DE NÚMEROS ENTEIROS

Para sumar números enteiros do mesmo signo, súmanse os seus valores absolutos e se deixa o mesmo signo.

Para sumar números enteiros de distinto signo, réstanse os seus valores absolutos e se deixa o signo do sumando que teña maior valor absoluto.

Para restar dous números enteiros súmase ó primeiro o oposto do segundo.

Para realizar sumas e restas dentro dun paréntese, se pode eliminar o paréntese tendo en conta que:

Se o paréntese lle precede un signo +, os sumandos conservan o signo.

Se ó paréntese lle precede un signo -, os sumandos cambian de signo.

CALCULAR

Calcula as operacións:

a) -4+8-(27-35)-60

b)12-(-5-33)+(-4+89)-(-30)

c) (120-45)-(120+45)-(45-120)

d)(12-88)-(35-47-102)+6

MULTIPLICACIÓNS E DIVISIÓNS

Para multiplicar dous números enteiros, se multiplican os seus valores absolutos.

Se os dous factores teñen o mesmo signo, o resultado é positivo.

Se teñen signos opostos, o resultado é negativo.

Para dividir dous números enteiros, se dibiden os seus valores absolutos.

Se os dous números teñen o mesmo signo, o resultado é positivo.

Se teñen signos opostos , o resultado é negativo.

CALCULA

Realiza estas operacións combinadas:

a) (-8):(-2)·(+3)·(-4)

b) (-20)·(+10):(-5):8

c) 1000:(-10):(-10)·(-3)

XERARQUÍA DE OPERACIÓNS

Para operar con números enteiros se resolven primeiro as operacións de dentro dos parénteses e corchetes e despois o resto, seguindo esta orde:

1º Realízanse as multiplicacións e divisións, de esquerda a dereita.

2º Realízanse as sumas e restas.

Propiedade distributiva. O produto dun número enteiro por unha suma é igual á suma dos produtos de dito número por cada sumando. a·(b+c) = a·b +a·c

RESOLVE

Resolve as seguintes operacións:

a)16-[5-(-9)]:(-7)+7·[-5-3·(-2)]

b) 40:(-2)·(+5)-6+6·[101+53·(-2)]

c) (5-10)·(5+10)-12:[16-15·(-1)-29]

d)[48-5·(-9):3]-6+4·[19-3·(-7)]